Redacción •  Galicia •  24/08/2024

Demandan ás administracións medidas para reducir a masificación turística e conter así a turismofobia 

  • Ecoloxistas en Acción insta ás administracións galegas a pór límites a ocupación turística segundo a capacidade social e ambiental de acollida de cada zona.
  • A organización ecoloxista sinala que os continuos brotes de turismofobia son consecuencia dunha industria turística depredadora que non respeta o territorio que explota.
  • Ecoloxistas en Acción avoga porque estas expresións de turismofobia se convirtan nunha impugnación popular ao actual modelo turístico e non deriven en enfrontamentos persoais.
Demandan ás administracións medidas para reducir a masificación turística e conter así a turismofobia 

Para Ecoloxistas en Acción a masificación turística, sumada as prácticas irrespetuosas do sector, están provocando que se multipliquen as expresións de turismofobia entre a poboación galega que sufre as negatividades do actual modelo turístico. A organización ecoloxista denuncia que o exceso de ocupación turística desborda as infraestructuras provocando unha merma da calidade de vida da poboación sen que a administración galega faga nada para remedialo.

Para a organización ecoloxista é necesaria unha planificación e regulación da presión demográfica, que sucede sobre todo na temporada de vacacións estivais, para evitar que a masificación continúe danando o entorno natural e impedindo á poboación residente desenvolver a súa vida con normalidade. Ecoloxistas en Acción ve positivo que os medios de comunicación comecen a reflexar as expresións de rexeitamento ás negatividades da sobre explotación turística, pero advirte que pode ser perigoso que se faga un tratamento vanal da turismofobia e se omitan os prexuizos que a provocan.

“Entendemos as expresións de turismofobia como unha impugnación popular ao actual modelo turístico, como unha defensa do territorio e da súa xente, pero rexeitamos calquera enfrontamento cos turistas”, declara Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.


turismo /