Redacción •  Galicia •  25/06/2024

A mina de Touro sí é unha decisión política

  • Consello da Xunta de Galicia confirma hoxe a declaración de PIE- Proxecto Industrial Estratéxico- para a reapertura da mina de Touro.
  • Un proxecto que foi denegado hai 4 anos e que orixinou que a empresa Cobre San Rafael demandara á Xunta de Galicia no Tribunal Superior de Xustiza e que ainda non se resolveu.
A mina de Touro sí é unha decisión política

A declaración como Proxecto Industrial Estratéxico que realizou hoxe o Presidente da Xunta de Galicia despois do Consello de Goberno, no día 24 de xuño, festa patronal en Touro, sí é unha decisión política, non así o é loita das veciñas e veciños de Touro e O Pino e de todos os colectivos que rexeitaron e rexeitan este proxecto de minería para estes concellos.

Con esta decisión o Consello da Xunta opta por priorizar e favorecer un proxecto que tivo unha DIA negativa hai catro anos, e esa prioridade faina co traballo conxunto coa mercantil Cobre San Rafael, que según declaracións da propia Conselleira de Industria un día antes que xa anticipa esta decisión, da por feito que vai ir adiante en tempo record, un ano para poder empezar a operar sin considerar en ningún caso que poida haber salvedades que motiven a sua denegación novamente, eso fai que sea unha decisión política deste Goberno.

Priorizan así, un proxecto que foi declarado inviable polas graves afeccións que suporía oas recursos hídricos da cunta do Río Ulla, unha afección que ahora sumaríase a outro proxecto tamén declarado estratéxico como é o da planta de celulosa que pretenden instalar en Palas de Rei, no corazón de Galicia.

Das declaracións que hoxe coñecemos parece que esas afeccións poderán suplirse cunha planta de paneis solares no para abastecer a industria mineira, e unha planta de tratamento de xurros para os gandeiros que queiran facer uso dela, o que según o Presidente Rueda permitirá minimizar a pegada de carbono, obviando nomear as enormes balsas de residuos e escombreiras que este proxecto contemplará a menos de 200 metros de poboacións.

A realidade en Touro e O Pino é que xa rexeitamos a opción de ter novamente unha mina a ceu aberto nas nosas terras polos graves danos que nos ocasionaría e que coñecemos xa da anterior explotación, non parece terse en conta que nesta comarca temos das tasas de desemprego máis baixas, -entre o 5-8%-, que nestas terras xérase emprego e diversifícase a economía entre multitude de sectores que para nada teñen coa minería- agrario, forestal, agraolimentarios, servizos, comercio, gandeiro, turismo en especial o vinculao ao Camiño de Santiago, – polo que este proxecto non aporta desenvolvemento socioeconómica senón que viría a sustituir unha actividade económica consolidada e crecente por outra temporal; nestes concellos estivo a mina activa para a extracción de cobre apenas doce anos entre finais dos anos 70 e 80 do século pasado, non é unha mina centenaria como pretenden facer creer; os pasivos medioambientais que deixou esa minaría persisten a día de hoxe sin que por parte da Administración se paralizaran en ningún momento salvo pequenas sancións leves e sempre por decisión de denuncias de veciños e asociacións ambientais; non existe ningún proxecto de drenaxe desas augas que funcione a día de hoxe, proba delo é a derradeira sanción que Augas de Galicia confirmou polos vertidos industriais no autorizados procedentes deses terreos con elevados indicadores de cobre e níquel nos ríos da contona que desembocan no río Ulla.

Dende a Plataforma veciñal mina Touro O Pino NON, continuaremos a recabar apoios contra este proxecto, ahora estratéxico, por unha decisión política do Consello da Xunta, para o que teremos menos tempo para personarnos, menos tempo para alegar, menos tempo para defendernos, pero eso non impedirá que o fagamos, acudindo tamén á vía xudicial para defendernos.


minas /