Redacción •  Galicia •  25/08/2022

Infraccións ambientais e sociais da minería: o caso de Touro

Ante a incesante sombra da minería, a veciñanza de Touro e O Pino non baixa a garda. Mentras o grupo empresarial está centrado nas suas campañas publicitarias; veciños e veciñas de Touro e O Pino logo de conseguir a DIA e resolución negativa do proxecto mineira, esixen a restauración dasaguas contaminadas do entorno da mina ademáis do cese dos olores nauseabundos procedentes da planta de residuos do grupo empresarial.

Infraccións ambientais e sociais da minería: o caso de Touro

O 25 de agosto faranse cinco anos desde que a ameaza mineira se pousase sobre os municipios coruñeses de Touro e O Pino, ao publicarse no Diario Oficial de Galicia o anuncio de información pública dun novo proxecto de extracción de cobre a ceo aberto presentado pola empresa Cobre San Rafael, creada ad hoc apenas uns meses antes.

Logo de décadas padecendo os pasivos ambientais deixados por unha explotación anterior, abandonada nos anos oitenta e aproveitada posteriormente polo conglomerado de empresas do grupo Explotaciones Gallegas SL, a veciñanza non dubidou en informarse e organizarse na defensa da terra e dos recursos que, segundo o proxecto presentado ante a Xunta de Galicia, se vían ameazados pola actividade mineira.

Foron precisos máis de dous anos de incansable movilización, manifestacións, denuncias, charlas, alegacións, informes, apoios para que a DIA do proxecto fora negativa e se concluira na esixencia á empresa da restauración dos terreos e o cese da drenaxe ácida de mina ás augas dos ríos.

O abandono de balsas mineiras e drenaxe aceda foi un dos maiores problemas que a minaría provocou en Touro que desde entón non deixou de danar numerosos ríos do dominio público hidráulico e as augas subterráneas. A esto hai que engadirlle os negocios de suposta restauración dos terreos e das augas levados a cabo por diversas entidades orbitantes arredor de Explotaciones Gallegas,- como foi o caso dos denominados tecnosoles-, presentados ante a sociedade e as Administracións como a solución máis económica, e financiada con fondos públicos, pero a todas luces ineficaz, salvo para as arcas dos empresarios de turno. Para as localidades cercanas, especialmente as parroquias de Loxo e Touro, supoñen un serio e preocupante problema de cheiros pestilentes e insalubres que levan anos afectando a vida cotiá da poboación, ante os que nin a Xunta de Galicia nin o Concello de Touro teñen intención de por unha solución definitiva.

Con todo, non é ata o ano 2018 cando, logo de múltiples denuncias ante a Xefatura Territorial de Minas e co proxecto de reapertura da mina enriba da mesa, as autoridades competentes deciden realizar unha visita de inspección á zona e constatan o problema, evidente, de drenaxe áceda de mina. Ao fin, a Xunta solicítalle a Explotaciones Gallegas a presentación dun proxecto que poña fin a esta situación, logo de máis de vinte anos.

Mentras tanto á sua vez Cobre San Rafael, conta cun proxecto denegado e está obrigada á restauración dos pasivos ambientais existentes, ao ser o novo titular dos dereitos mineiros dende que en 2017 lle foron transferidos por Explotaciones Gallegas para ese proxecto denegado. Máis a pesar delo, siguen máis centrados na sua campaña de marketing coa axuda da empresa que aporta o capital, Atalaya Mining, insistindo en vender un novo proxecto mineiro aos seus inversores na bolsa de Londres, que non se coñece máis alá das presentación e videos promocionales que realizan “a la carta”; seguen a vender a súa labor como puro altruismo, na súa desesperada busca da licenza social para operar, para o que non escatiman en campañas, pese a que a Cobre San Rafael non se lle coñece actividade ningunha que lle reporte ingresos.

Entramentas os veciños e veciñas, logo de conseguir a DIA e resolución negativa do proxecto mineira, continuamos esixindo a restauración das auguas contaminadas do entorno da mina ademáis do cese dos olores nauseabundos procedentes da planta de residuos; non é unha obra de caridade o que se pide é unha obriga que por lei ten o dono dos terreos, sea quen sea e no momento que sea, unha restauración que xa tarda 29 años.

É unha reclamación dos veciños e veciñas, algo vergonzante para a Administración Local e Autonómica, que en 29 anos foron e son coñecedoras da situación que se da nestes terreos e permitiron e permiten que se manteña coa sua inacción, sendo cómplices dos danos ocasionados ao medio, aos ríos e á poboación.

Ante a incesante sombra da minería, a veciñanza de Touro e O Pino non baixa a garda, e o xoves 25 de agosto, a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON, xunto co Centro de Saberes para a Sustentabilidade, Ecoloxistas en Acción, Fundación Montescole e a Asociación Tralapena, acollerá no local social de Bama (Touro) o lanzamento do Observatorio Ibérico da Minería (MINOB) e a presentación do libro sobre a minaría a ceo aberto “A montaña soñada”. No acto abordaranse polo miúdo as infraccións ambientais e sociais da minería, con especial fincapé no caso de Touro.


Mina Touro o Pino Non /