Redacción •  Galicia •  25/09/2022

CCOO denuncia as precarias condicións de traballo ao que se viron sometidos os bombeiros e as bombeiras forestais

  • O Comité de Empresa da Consellería de Medio Rural con representación sindical de CCOO, CIG, CSIF e UGT denuncian as precarias condicións ao que se viron sometidos os traballadores/as durante a ola de incendios que asolou Galicia durante estes últimos meses.
CCOO denuncia as precarias condicións de traballo ao que se viron sometidos os bombeiros e as bombeiras forestais

Este verán arderon mais de 44.500 Ha “recoñecidas” que afectaron a 4 dos 6 parques naturais de Galicia. Ourense foi a provincia mais castigada (como de costume), pois dos 12 grandes incendios acontecidos en toda a Comunidade 9 producíronse neste territorio. A provincia de Lugo tamén tivo os seus como o de Folgoso de Caurel con 13.566 Ha ardidas ou o de Palas de Rei no que arderon unhas 180 Ha.

Dende o Comité de Empresa denuncian que estes traballadores/as viviron situacións de extrema perigosidade agravada pola s precarias condicións de traballo ás que se ven sometidos ano tras ano:Unha elevadísima taxa de temporalidade na que mais do 60% da plantilla de bombeiros/as forestais son traballadores temporais.

Mais do 60% da plantilla teñen contratos a tempo parcial, xa que, do total da plantilla 627 son traballadores/as de 9 meses (175 corresponden á provincia de Lugo) e 984 (248 en Lugo) tan so traballan durante 6 meses ao ano.

Realizáronse xornadas maratonianas de traballo por encima das 12 horas seguidas na extinción directa, dándose casos de 18 e 20 horas diarias.

Traballo nocturno con exceso continuado de horario e de xornadas laborais, supondo un risco para a vida do persoal.

A non cobertura de prazas vacantes por xubilación ou por vacacións, permisos e licenzas fan que diminúa a operatividade do servizo de extinción.

A non compensación do exceso de horas traballadas o que leva aparellado o falta de descanso aumento a probabilidade de risco de accidentes e a diminución das capacidades físicas.

Recortes de dereitos como a non compensación nin económica nin en descanso por traballar a metade de festivos anuais ou por traballar os domingos (estes traballadores tan so teñen dereito a librar un domingo cada mes.

Dende o Comité de Empresa da Consellería de Medio Rural solicitamos á Consellería de Medio Rural a apertura dunha mesa de negociación onde expoñer todas estas deficiencias laborais negociando un novo Regulamento de funcións e condicións de traballo. Así mesmo solicitan o remate da temporalidade e os contratos a tempo parcial podendo prestar servizos durante todo o ano podendo facer prevención fora da época de máximo perigo de incendios.

Solicitan tamén por parte do Goberno Central a regulación dun Estatuto do Bombeiro e Bombeira Forestal onde se recolla a cotización por coeficientes redutores permitíndolle a xubilación aos 60 anos de idade e o recoñecemento de determinadas enfermidades profesionais. Traballar na extinción directa con mais de 60 anos esixe un gran esforzo físico e supón un risco extremo segundo afirman dende o colectivo.

O Comité de Empresa manifesta tamén que os traballadores/as seguirán deixándose a pel na defensa do monte, dos bens materiais e mesmo da vida das persoas, como así o veñen demostrando ao longo destes anos.


bomberos forestales /