Comunicado ante a lei de montes veciñais presentada pola Consellería do Medio Rural
- A proposta de lei de montes veciñais presentada pola Consellería do Medio Rural e que estará consulta pública dende o 7 de abril ate o 9 de maio ven a demostrar claramente, que tal y como leva tempo alertando a ORGACCMM, a intención desta consellería é desnaturalizar os montes veciñais en man común para proceder a súa privatización.
- A Organización Galega de Comunidades de Montes fai un chamamento ás comunidades de montes, ás organización ecoloxistas e en xeral aos colectivos veciñais a facer achegas á proposta de lei rexeitandoa e propoñendo que no seu lugar se apoie a ILP presentada pola ORGACCMM como texto dunha nova lei.
![Comunicado ante a lei de montes veciñais presentada pola Consellería do Medio Rural](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2022/04/photo_2022-04-06_20-40-35-950x0-c-default.jpg)
Comunicado
Neste proxecto de lei de montes veciñais, presentado pola Consellería do Medio Rural, prantexase unha nova definición da veciñanza comuneria.
Son veciños/as comuneiros/as as persoas que viven no lugar , aldea ou parroquia onde existe o monte veciñal. Modificar a condición de veciño/a comuneiro/a só se pode entender como unha pretensión do Goberno galego de desnaturalizar o carácter xermánico da titularidade veciñal dando entrada a persoas físicas e xurídicas aínda que non sexan comuneiros.
Outro dos obxetivos que amosa a proposta de lei de montes veciñais é harmonizar a normativa dos montes veciñais coa normativa do Estado. No Estado español non está recoñocido o dereito xermánico, polo que se desprende que a palabra harmonizar implica dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica para convertilas en titularidades de carácter privado.
O carácter xermánico da titularidade veciñal implica que a propiedade é indivisible e intransferible e esta condición dos montes veciñais é o gran obstaculo para o afán privatizador do Goberno galego.
Ao tenor do que esboza o proxecto de lei de montes veciñais, semella que ao Partido Popular tampouco lle gosta o funcionamento asembleario das comunidades de montes e pretenden mudalo. Un funcionamento democrático que segundo o goberno galego “non é válido na situación actual”.
“Seica o que pretende decir o Partido Popular é que o funcionamiento asambleario e democratico é outro obstaculo para o seu afán de privatizar os montes veciñais e entregalos ás empresas madereiras” sinalan dende as comunidades de montes.
Ante este intento de roubarlle os montes a veciñanza comuneira, a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) chama á sociedade galega a rexeitar esta proposta da lei facendo achegas neste sentido na fase de consultas que estará aberta até o 9 de maio na web da Xunta de Galicia.