Rexeitan un pacto só de políticos e esixen participar na planificación eólica de Galicia
- A plataforma veciñal Aire limpo nas Mariñas Mandeo entregou xunto a Ecoloxistas en Acción de Galiza y outras asociacións veciñais de afectados e afectadas entregan no Parlamento Galego o relatorio que amosa que a moratoria actual non protexe de riscos irreparables.
- Máis de 100.000 vivendas ficarían dentro de polígonos industriais eólicos.
- Rexeitan un modelo pactado só por políticos sen a voz e voto dos afectados e afectadas e reclaman a coordinación e compromiso de todas as Administracións.
A plataforma veciñal Aire limpo nas Mariñas Mandeo entregou xunto a Ecoloxistas en Acción y outras asociacións veciñais de afectados e afectadas polos centos de parques eólicos proxectados un relatorio cos defectos da moratoria establecida pola Xunta de Galicia e as demandas cidadás.
Varios representantes acudiron á Comisión 6ª de Enerxía do Parlamento Galego para esixir a paralización inmediata de calquera tramitación e avance de proxectos eólicos e que as medidas de dita moratoria non se aplique só a novas solicitudes, xa que a cantidade de proxectos que poderían continuar xa supón de por si unha sobreexplotación da nosa terra (9000 MW, cando para cumprir os obxectivos 2030 a xeración a partir de renovables ten que chegar a 16.000 MW entre todo o territorio español).
As asociacións esixen:
- A creación dunha Comisión responsable de elaborar o desenvolvemento eólico en Galicia coa participación de todos os axentes involucrados: todas as Adminstracións (Estado, Xunta e Concellos), representantes do sector industrial e representantes dos veciños e veciñas.
- Un plan de desenvolvemento único que inclúa os proxectos dependentes do MITECO e da Xunta de Galicia de xeito que o aproveitamento eólico sexa sostible.
- “Declaracións de utilidade pública” en base aos intereses da cidadanía e non das ás empresas, que venden riqueza e xeración de postos de traballo cando en realidade xeran unha burbulla de emprego que estoupa ao rematar a construción dos muíños, deixando logo devastación natural, económica e social.
- Marco legal de protección real: ampliación da rede natura, obrigatoriedade no respecto a “zonificación ambiental” do Plan Nacional de Distribución REE.
- Transparencia e boa fe nos procedementos, que actualmente se están a tramitar de forma oscurantista e sen deixar marxe de manobra.