O BNG apoiou a mobilización dos gandeiros e gandeiras en Ourense
Sonia Vidal e Secundino Fernández denunciaron que as indemnizacións non son as axitadas para as explotacións que padecen un baleirado Sanitario.
27/MAR./24.
Os deputados do BNG no Parlamento de Galiza, Sonia Vidal e Secundino Fernández participaron da mobilización de gandeiros convocada polo Sindicato Labrego Galego ante a delegación territorial da Xunta de Galiza en Ourense. Os deputados denunciaron que as indemnizacións a esta gandeira afectada por un baleirado sanitario practicado esta semana e ao resto de gandeirías afectadas por baleirados sanitarios non son as axeitadas, mesmo deixándoas en risco de peche.
A deputada nacionalista Sonia Vidal afirmou que as indemnizacións ás gandeirías que se lle fai un baleirado sanitario non son as axeitadas e que compre facer unha revisión destas indemnizacións e do lucro cesante.
Pola súa banda, Sencundino Fernández declaraba que a Xunta de Galiza non pode deixar en abandono ás explotacións ante un problema sanitario e cunhas medidas tan drásticas, como é baleirar unha explotación e ante a posiblidade de que poida pechar esa explotación, sobre todo tendo en conta a importancia da gandeiría extensiva nas nosas comarcas.
Os deputados do BNG comunicaron que o grupo parlamentario do BNG levará iniciativas ao Parlamento galego por esta situación en canto este estea funcionando.