Compostela por Palestina presenta o manifesto «Eu apoio ao pobo palestino»
- Xuntanza da nosa plataforma Compostela por Palestina coa alcaldía e corporación municipal co fin da entrega de sinaturas recollidas entre a ciudadanía de Compostela en prol do pobo palestino. O Encontro será o 30 de xaneiro as 12.00 no pazo deRaxoy.
- Manifesto avalado con sinaturas da cidadanía compostelá, no Concello de Santiago o xoves 30 de xaneiro ás 12:00 hs.
A máis dun ano da agudización do exterminio sobre Gaza (27 de outubro do ano 2023), a realidade do pobo palestino é devastadora. Ao redor de 50.000 persoas palestinas en Gaza foron asasinadas e máis de 100.000 resultaron feridas.
Analizando estas cifras debemos de concluír que non estamos a falar dunha simple traxedia, se non dun xenocidio que ten responsables: as autoridades sionistas israelís e as potencias occidentais que as apoian económicamente e militarmente.
Neste contexto de guerra perpetua e de emerxencia humanitaria desde Compostela por Palestina, plataforma xurdida da máis ampla unidade de colectivos, entidades e persoas a título individual da Comarca de Santiago ao redor da concienciación e a solidariedade coa causa palestina, levamos meses trasladando a veciños e veciñas, mediante un formulario de rúbricas, as seguintes reivindicacións:
1. Alto ao fogo inmediato.
2. Apertura de corredores humanitarios e cesamento do asedio sobre os territorios palestinos.
3. A solución pacífica e negociada baseada no dereito internacional, incluíndo o dereito de retorno das persoas palestinas.
4. A posta en marcha dun proceso de diálogo que garanta a fin da ocupación e o apartheid contra o pobo palestino e o dereito dos pobos á paz.
5. O fin do comercio de armas con Israel do Goberno do Estado Español.
6. Cesamento de relacións diplomáticas coa entidade sionista. Ademais con este manifesto chamamos a fortalecer a campaña de boicote, desinvestimentos e sancións a Israel, entendida a mesma como o mellor camiño de acción política para desbloquear a situación que sofren as palestinas.
Por iso solicitamos a todos os grupos municipais do Consistorio (BNG, CA, PSdG, PPdG) a que asuman como institución sostida nos valores democráticos as seguintes medidas e insten á Xunta e ao Goberno de España a aplicar todas aquelas accións diplomáticas necesarias para deter o asedio contra a Franxa de Gaza e Cisxordania.