Redacción •  Galicia •  28/04/2025

Compostela por Palestina denuncia o roubo da faixa que estaba na entrada da Alameda 

Compostela por Palestina e unha plataforma en defensa dos dereitos do pobo palestino formada por coletivas e persoas a título individual que basan o seu traballo na visibilización e denuncia do xenocidio en Palestina (exposición itinerante, , recollida de sinaturas, promovemos moción no concello…).

Compostela por Palestina denuncia o roubo da faixa que estaba na entrada da Alameda 

A plataforma Compostela x Palestina denuncia o novo ataque á faixa co lema “Palestina Libre” situada na entrada da Alameda de Santiago de Compostela. O domingo atopámonos con que a faixa desaparecera novamente do citado lugar e testemuños oculares puideron constatar que as cordas que suxeitaban dita faixa foran cortadas.

Este segundo acto vandálico demostra que a reivindicación dos dereitos do pobo palestino só se responde con accións criminais e inxustificadas que buscan coartar a liberdade de expresión pública das colectivas. O primeiro ataque ás faixas da plataforma coincidiu co paso da carreira ciclista o Gran Camiño (26 de febreiro a 2 de marzo), na que participaba o equipo israelí Israel-Premier Tech. Este acto cobarde fora respondido coa colocación dunha nova faixa, que hoxe foi atacada outra vez.

Ademais do contido reivindicativo da faixa, esta fora deseñada polo coñecido artista Yoseba Muruzábal, danando tamén o seu valor artístico.

Mais estes ataques á solidariedade co pobo palestino na Galiza non van conseguir o seu propósito, pois dende Santiago de Compostela berramos, hoxe e sempre:

PALESTINA LIBRE!


Palestina /