Redacción •  Galicia •  28/12/2024

30-D: Folga en Atento Coruña polos despedimentos das últimas semanas

  • O próximo 30 de decembro as traballadoras e traballadores do grupo Atento (antiga filial de Telefónica) na Coruña están chamados a secundar unha folga de 24 horas e a participar nunha concentración ás 12 da mañá diante do centro de traballo, na rúa Juan Flórez 80-82.
30-D: Folga en Atento Coruña polos despedimentos das últimas semanas

Nas últimas semanas o grupo Atento (Atento Teleservicios, Atento Holdco e Atento Dixital) continuou coa súa política de destrución emprego despedindo a máis de 20 persoas, 5 delas en Coruña

No mes de xullo Atento Teleservicios desfíxose de 525 traballadoras inventándose un traslado forzoso a centros de traballo doutras provincias (unha medida que nin era nin necesaria nin xustificada, ao poder realizarse a atención telefónica desde calquera sitio) Estes traslados eran evidentemente inasumibles para unhas traballadoras con xornadas parciais e salarios por baixo do mínimo profesional.

Agora, ao longo deste mes de decembro os despedimentos repartíronse entre 3 das empresas que forman parte do grupo. En concreto os despedimentos en Coruña producíronse en Atento Dixital, empresa dedicada á consultoría.

Para a CXT todos estes despedimentos ten un único obxectivo: a destrución duns postos de traballo precarios para precarizarlos aínda máis, fomentando a contratación a través de empresas de traballo temporal (actualmente xa son o 10% do persoal en Coruña) ou en países nos que é máis barato contratar e que teñen aínda peores condicións laborais.


huelga /