Redacción •  Galicia •  29/01/2024

Chaman a manter o esforzo do voluntariado de limpeza ante o insuficiente operativo da Xunta

  • Ecoloxistas en Acción continua coas labores de limpeza de praias mediante a formación de brigadas de voluntariado.
  • Este sábado, medio centenar de voluntarios das brigadas de limpeza de Ecoloxistas en Acción recolleron tres sacos de pellets e outros materias plásticos na praia de A Lanzada, no Grove.
  • A organización ecoloxista denuncia a escaseza de medios adicados á limpeza de pellets polo Goberno galego. Consideran totalmente insuficiente o dispositivo de Tragsa contratado pola Xunta.
Chaman a manter o esforzo do voluntariado de limpeza ante o insuficiente operativo da Xunta

As brigadas de limpeza organizadas por Ecoloxistas en Acción estiveron recollendo pellets e outros lixos plásticos na praia da Lanzada, no concello do Grove. Medio centenar de voluntarios retiraron varios sacos de pellets e outros plásticos.

“Imos alternando limpezas curtas pola semana, enfocadas máis a formación, e faenas de unha maña ou tarde longa, dependendo da marea, polo fin de semana. Vaiamos a onde vaiamos, pouco o moito, sempre atopamos pellets e outros lixos que limpar”, declara Ana Freiria, coordinadora e formadoras das brigadas de limpeza de Ecoloxistas en Acción.

A organización ecoloxista consideración totalmente insuficientes os recursos destinados polo goberno galego as labores de retirada de pellets. Denuncian a escaseza de persoal de Tragsa nas praias, incluso nas máis gravemente afectadas. Alertan que canto máis tempo permaneza no medio mariño este vertido de gránulos plásticos, máis probable é que afecte persistentemente ao ecosistema a través da cadena trófica.

“Levamos varias xornadas de limpeza en varias praias das Rías Baixas e só unha vez cadramos cunha cuadrilla de Tragsa. A Xunta di que ten 200 persoas limpando para toda a costa galega como se isto fora unha chea, cando nós temos estado máis de cen, entre voluntariado organizado e particulares, toda unha xornada na mesma praia e non quedar totalmente limpa”, denuncia Xaquin Pastoriza, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Para Ecoloxistas en Acción a escaseza de recursos destinados pola Xunta para remediar o impacto ambiental do vertido de pellets evidencia que o goberno galego continúa infravalorando este desastre ecolóxico. Denuncian que se está agochando a gravidade do problema por un interese meramente electoralista e que proba disto é a irresponsable premura con que se rebaixou o nivel de alerta sen unha avaliación aceitada.

Instan ao goberno da Xunta a pór os medios axeitados para combater esta contaminación, se de verdade están preocupados pola xente do mar. Sinalan que o futuro dos mariñeiros e mariscadoras das nosas rías non pasa por agochar a contaminación, senón por defender o territorio e remediar aquí e agora o desastre ecolóxico.


microplásticos /