Redacción •  Galicia •  29/07/2023

O sector servizos consolídase como principal xerador de emprego mentres a industria segue a perder postos de traballo

  • Os datos da EPA revelan que o 61% dos novos empregos creáronse na actividade terciaria.
O sector servizos consolídase como principal xerador de emprego mentres a industria segue a perder postos de traballo

Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondentes ao segundo trimestre de 2023, evidencian a preocupante evolución da actividade industrial no noso país xa que malia o incremento xeneralizado da poboación activa e ocupada, este sector é o único no que descendeu a ocupación no último ano. Consolídase pois un mercado laboral centrado nos servizos, xa que nos últimos tres meses o 61% dos novos empregos creáronse neste sector.

«É evidente que os datos macroeconómicos da evolución do emprego son positivos, cunha taxa do paro en Galiza por debaixo do 10%, mais atrás destes datos agóchase unha realidade de precariedade e inestabilidade laboral», valora o secretario confederal de Emprego da CIG, Francisco González Sío.

Taxa de paro2022/II2023/I2023/IITotal11,210,99,6Homes10,510,18,9Mulleres11,911,810,3

Fonte: EPA.INE

Subliña que o forte peso do emprego no sector servizos conforma un mercado de traballo “preocupante” en Galiza no que, baixo novas nomenclaturas, atopamos unha realidade de pobreza laboral e falta de estabilidade. Proba disto é o forte medre da poboación asalariada con contrato fixo/descontinuo, que aumentou un 44,4% neste último trimestre, «o que agocha a elevada temporalidade de moitos dos novos empregos».

Poboación ocupada por sectores

Variación2022/II2023/I2023/IITrimestralAnualTotal1.105,201.103,701.130,2026,5025,00Agricultura, gandaría, caza e silvicultura44,448,351,12,806,70Pesca e acuicultura2017,420,73,300,70Industria168,4161,9167,45,50-1,00Construción73,875,474,3-1,100,50Servizos798,6800,5816,716,2018,10

Fonte: EPA.INE

Chega con comprobar o número de horas traballadas neste período, no que 46.500 persoas máis declararon traballar menos de 30 horas á semana. Por iso, denuncia que malia descender o desemprego e a taxa de inactividade «segue a medrar a parcialidade e caer os ingresos, é dicir aumenta a pobreza da clase obreira».

Neste contexto de alza do emprego, chama a atención os datos da provincia de Ourense, onde hai 600 fogares máis con todos os membros no paro, manifestación clara do proceso de destrución do tecido produtivo e do empobrecemento que vive o interior de Galiza.

Principais variábeis

Variación2022/II2023/I2023/IITrimestralAnualTotal2.341,602.346,502.348,802,307,20Activos1.244,701.238,701.249,9011,205,20Poboación ocupada1.105,201.103,701.130,2026,5025,00Poboación parada139,4135,1119,7-15,40-19,70Inactivos1.096,901.107,801.098,80-9,001,90

Fonte: EPA.INE

Para enfrontar esta realidade, o responsábel de Emprego da CIG reclama menos propaganda e máis políticas que sexan «realmente de esquerdas», a comezar pola derrogación das reformas laborais e a recuperación de todos os dereitos perdidos; así como medidas destinadas a encetar un cambiar o modelo socioecónomio «que aposte por volver a ter industria no país e pola creación de emprego en condicións dignas».

Neste senso, González Sío insta a mellorar a capacidade adquisitiva da clase traballadora reforzando dunha banda a negociación colectiva para incrementar os salarios por esta vía, mais tamén aumentando o Salario Mínimo Interprofesional até o 60% do salario medio do Estado, tal e como recomenda da Carta Social Europea. «Cumprir este principio suporía situar o SMI por enriba dos 1200 euros mensuais», lembra.

«Estas son as receitas necesarias para termos un mercado de traballo forte que remate coa pobreza laboral e a inestabilidade», conclúe.


empleo /