Redacción •  Galicia •  30/09/2021

Esquerda Unida amosa a súa indignación ante a desestimación da denuncia dos videos gravados con cámara oculta a mulleres nas festas da maruxaina e publicados en páxinas web pornográficas

Dende Esquerda Unida, e ao igual que defende a fiscalía, consideramos que este feito constitúe un grave delito contra a intimidade e a integridade moral das vítimas. E o fallo do xuíz, máis aló da interpretación legal que poida facerse, é un claro exemplo do que é a xustiza patriarcal.

Esquerda Unida amosa a súa indignación ante a desestimación da denuncia dos videos gravados con cámara oculta a mulleres nas festas da maruxaina e publicados en páxinas web  pornográficas

Compostela, 30 de setembro de 2021.

Dende EU mostramos a nosa indignación pola desestimación do caso das gravacións con cámara oculta nas festas de A Maruxaina de Cervo (Lugo). O xuíz instructor desestimou a denuncia ao considerar que non existe delito en gravar cunha cámara oculta a mulleres, algunhas menores, orinando na rúa e posteriormente subilas a páxinas web pornográficas, argumentando que os feitos denunciados non constitúen delito contra a intimidade ou ao dereito a imaxe por estar tomadas na vía pública.

Unha vez máis asistimos a unha decisión xudicial patriarcal, onde a violencia contra as mulleres queda impune, pudendo sentar precedentes en contra dos dereitos das mulleres a súa intimidade, o dereito a súa imaxe e a ocupar as rúas sen medo.

A interpretación da lei que se fai para o peche do caso é claramente subxectiva e discrimina a aplicación da xustiza de cara as mulleres e a protección dos nosos dereitos máis fundamentais, permitindo así a visión de que as mulleres somos un obxecto máis de consumo, un obxecto de barra libre se estamos nas rúas que suponse de “todos”.

Cabe preguntarse se non quebra a intimidade que unha muller quede afectada psicoloxicamente por ver o seu corpo exposto ante milleiros de ollos que acoden a páxinas de contido pornográfico.Gravar vídeos de mulleres sen o seu consentimento, e ademais difundilas, é claramente violencia sexual e así imos defendelo sempre.

Dende Esquerda Unida, e ao igual que defende a fiscalía, consideramos que este feito constitúe un grave delito contra a intimidade e a integridade moral das vítimas. E o fallo do xuíz, máis aló da interpretación legal que poida facerse, é un claro exemplo do que é a xustiza patriarcal.

Esiximos que a xustiza sexa despatriarcalizada, que haxa formación para todo o persoal do eido, para que a perspectiva de xénero poida estar presente sempre en cada fallo, en cada sentencia, en cada interpretación.


Esquerda Unida /