Actos en Memoria das vítimas do Holocausto na Coruña
A cidade da Coruña acollerá unha serie de actos en conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto que se conmemora o 27 de xaneiro.
- Serán cinco días de actos que teñen como obxectivo honrar a memoria das vítimas e promover a reflexión sobre este tráxico episodio da Historia.
- A programación inclúe :
-A colocación e inauguración das placas Stolpersteine dos deportados coruñeses.
-A presentación do libro sobre o deportado Julio Martínez Arias do autor Francisco X. Fernández Naval
-Faladoiro sobre o deportado Juan González del Valle e o seu libro.
Actividades organizadas pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en colaboración co Concello da Coruña-
CALENDARIO
LUNS 27 XANEIRO
10:30 h – 13 h
COLOCACIÓN DA PRIMIERA STOLPERSTEIN NA PRAZA DO TEBEO E INAUGURACIÓN DAS
RESTANTES PLACAS. Na zona de Catro Camiños e Os Mallos
MARTES 28 XANEIRO
19:30 h
PRESENTACIÓN LIBRO “Elexía. Julio Martínez Arias, da porta de Aires ao aire de
Mauthausen” de Francisco X. Fernández Naval. Na Casa Museo Casares Quiroga
MÉRCORES 29 XANEIRO
11 h
COLOCACIÓN DA STOLPERSTEIN DE CLEMENTE JUAN DE LA CRUZ GARCÍA EN ZALAETA.
Na praza Victoria Fernández Armesto. En colaboración co IES Menéndez Pidal
XOVES 30 XANEIRO
12:30 h
FALADOIRO SOBRE O DEPORTADO JUAN GONZÁLEZ DEL VALLE e o seu libro “Un sol incoloro” A cargo de Carmen Rodeja e Luís Pérez. No IES Eusebio da Garda
VENRES 31 XANEIRO
11 h
COLOCACIÓN DA STOLPERSTEIN DE JOSÉ ALBEDRO VILLAVERDE
No Paseo de Ronda, frente á Normal
PROGRAMA E CONTIDO DOS ACTOS
LUNS 27 DE XANEIRO
ROTEIRO STOLPERSTEINE
Convocatoria ás 10:30 h na Praza do Tebeo (CatroCamiños)
· Comezo do roteiro de colocación coa primeira stolperstein do deportado Víctor San Miguel Prado na rúa Fernández Latorre número 134. Proseguirá perto dalí con tres paradas máis coa colocación das respectivas stolpersteine dos deportados: Víctor Manuel Conde Núñez, Martín Ferreiro Álvarez e Adolfo Bregua Mouriño. Nas colocacións participarán investigadores, poetas e familiares dos deportados homenaxeados en cada lugar.
· O roteiro compleméntase coa inauguración das stolpersteine que xa estráncolocadas e que corresponden aos deportados Manuel Fernández Tarragó, Francisco Tallón Charlón, Enrique Tallón Charlón e José Albedro Villaverde
Conduce o acto a periodista Clara Bernal
Acto de apertura Roteiro de colocación Stolpersteine
Coa participación e intervención de:
Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura, Turismo e Memoria Histórica
Xulio Varcárcel, poeta
Carmen García-Rodeja, voceira da ARMH en Galicia Familiar do deportado Víctor San Miguel Prado
E o grupo “Proyecto 1800”
Nos restantes actos de colocación das stolpersteine participarán familiares dos deportados e os poetas: Sol Mariño, Xavier Seoane e Emma Pedreira e o músico Raúl Galego
Sobre as Stolpersteine
As Stolpersteine, literalmente «pedras que fan tropezar», son pequeñas lousas de bronce de 10×10 cm que lembran aos deportados do nazismo. Este proxecto artístico foi iniciado en 1990 polo artista alemán Gunter Demnig. As placas de bronce que se colocan tentan chamar a atención do camiñantecoobxectivo de honrar ao deportado ao que representan. Xeralmente sitúanse diante das casas e conteñen información biográfica sobre a súa data de nacemento, data de deportación, campo de concentración no que foi internado e data do asasinatoou liberación. Trátase dunproxecto internacional que conta xa con máis de 100.000 Stolpersteine repartidas por distintas cidades e países de Europa.
As Stolpersteine en Coruña
A cidade da Coruña convertiuse o 19 de xullo de 2023 na primeira cidade galega en contar con esta homenaxe, coa instalación das seis primeiras stolpersteine, aos que proseguiu a instalación dun séptimo en setembro dese mesmo ano.
Roteiro luns 27 de xaneiro
1ªParada : VÍCTOR SAN MIGUEL PRADO, Av. Santiago Rey Fernández Latorre, 134
Nacido en 1914 en León, viviuna Coruña desde neno. Ferroviario de profesión, foi deportado a Mauthausen tras a guerra civil. Estivo máis dun ano nos campos de concentración antes de que os alemáns acabaran coa súa vida en Gusen en 1942.
2ª Parada: VÍCTOR MANUEL CONDE NÚÑEZ, Rúa Cabana, 5
Nacido en 1903 na Coruña, casado e con tres fillos. Tras escapar a Francia tras a guerra, foi deportado a Mauthausen, onde conseguiu sobrevivir ata a liberación en 1945. Voltou á súa querida Coruña.
3ª Parada: MARTÍN FERREIRO ÁLVAREZ, Rúa Mariscal Pardo de Cela, 3
Martín Ferreiro Álvarez, nacido en 1892 en Pontevedra, foi constructor, concelleiro e tenente de alcalde na Coruña. Capturado polos alemáns, morreu en Gusen en 1941. Seu amor pola cidadequedou patente na frase “Voumorrer e non vereimáis a Coruña” dita pouco antes de falecer.
4ª Parada: ADOLFO BREGUA MOURIÑO, Rúa Mallos, 98
Compañero de cativerio de Martín Ferreiro, nacido en 1906 na Coruña, escapoudunhamorte segura grazas ao fútbol. Deportado a Mauthausen, conseguíu traballar na cociña pola súa habilidade co balón, evitando o traballo na canteira. Así, conseguíu sobrevivir ata a liberación en 1945.
Outras Stolpersteine
MANUEL FERNÁNDEZ TARRAGÓ: Rúa da Torre, zona verde frente a Urbanismo
Nacido en 1926 na Coruña, formou parte da Resistencia francesa durante a II Guerra Mundial. Arrestado pola SIPO, foi deportado a varios campos de concentración antes de ser liberado. Morreu en 2001 en Francia.
FRANCISCO TALLÓN CHARLÓN: Rúa Franxa 14
Nacido en 1916 na Coruña, sobreviviu á Guerra Civil Española, campos de concentración e o Campo de Exterminio Nazi de Mauthausen. Liberado en 1945, a súa historia é un testemuño de resistencia e valentía.
ENRIQUE TALLÓN CHARLÓN: rúa Franxa 14
Nacido en 1912 na Coruña, sobreviviu á Guerra Civil Española e foi prisioneiro dos alemáns. A súa vida rematou no subcampo de Gusen en 1941. A notificación de defunción foi enviada anos máis tarde ao seu domicilio de Barcelona.
MAPA COA UBICACIÓN DE CADA PLACA
MARTES 28 DE XANEIRO
Ás 19:30 h Na Casa Museo Casares Quiroga
Presentación do libro «Elexía. JULIO MARTÍNEZ ARIAS, da porta de Aires ao aire de Mauthausen» de Francisco X. Fernández Naval
Contaremos coa presencia do autor e de Natividad Martínez, sobriña de Julio Martínez Ariase a música de Xavier Fernández
Julio Martínez Ariasnace na Coruña, en 1910. Marcha a Madrid a traballar e estudar e logo a Barcelona, onde ingresa no exército republicano. Nel loitará durante toda a guerra, sempre nos arredores dos lugares emblemáticos da Batalla do Ebro. Marcha cara o exilio e será internado no campo Le Barcarés. Ingresa no exército francés. Ferido en combate, vivirá os seus últimos meses en hospitais militares alemáns e nos Stalags ou campos de prisioneiros do exército alemán, ata o seu traslado a Mauthausen, onde é asasinado o 7 de setembro de 1940.
O libro recolle tamén a interesante correspondencia co presbitero Joseph Pierre Charles Charretier, na localidade de Rosny-sous-Bois, onde ilustra moitos dos padecmento de Martínez Arias
MÉRCORES 29 DE XANEIRO
Ás 11 h Colocación da stolperstein CLEMENTE JUAN DE LA CRUZ GARCÍA Praza Victoria Fernández España, en Zalaeta en colaboración co IES Menéndez Pidal
Clemente Juan De la Cruz García, nacido en 1910 na Coruña, foi deixado no torno do Hospicio e criado na Casa da Misericordia. Participou na II Guerra Mundial. Foi prisioneiro no Frontstalag 184 de Angulema en Francia e transportado, xunto con centos de españois, no terrible “convoi dos 927”. Deportado a Mauthausen, foi gaseado en Hartheim en 1941. A súa historia é un recordatorio do sufrimento e a inxustiza que moitos padeceron.
XOVES 30 DE XANEIRO
Ás 12:30 h
Faladoiro sobre o deportado JUAN GONZÁLEZ DEL VALLE e o seu libro “Un sol incoloro” con Carmen Rodeja e Luís Pérez No IES Eusebio da Garda.
Juan González del Valle naceu na Coruña en outubro de 1898. Intelectual, membro da RAG e catedrático. Trasládase a Madrid e no 36 apóntase voluntario no batallón do seu sindicato de ensino, incorporado á Brigada Internacional, ás ordes de Ramón J. Sender.
Coa caída de Cataluña pasa a Francia, onde é internado nun campo de prisioneiros en Angoulême. Foi trasladado a Mauthausen sendo gaseado en Hartheim o 26 de setembro de 1941.
VENRES 31 DE XANEIRO
Ás 11 h Acto de recoñecemento de José Albedro Villaverde Paseo de Ronda, frente á Normal
Nacido en 1907 na Coruña, vivíu comodamente ata que a guerra civil truncou a súa vida. Incorporouse ó exército republicano. Marchou cara o exilio e foi capturado polos alemáns. Foi deportado a Mauthausen, onde antes de un ano morreu.
Máis información:www.deportadoscoruna.com
Fotos dalgúns deportados