André Abeledo Fernández •  Opinión •  05/03/2022

A rusofobia é froito da irresponsabilidade dos medios de comunicación

A rusofobia está sendo creada polos medios de comunicación e alimentada polos medios de comunicación. Un erro histórico e un xeito de botar leña ao lume do conflicto en Europa. Sementar odio é o mellor camiño para colleitar un futuro de violencia.

A irresponsabilidade dos medios de comunicación e do relato oficial dos políticos alimenta a rusofobia. Os primeiros actos de odio, de violencia e de acoso a comunidade rusa són responsabilidade directa duns medios de comunicación irresponsables que fan espectáculo coa guerra.

Rusofobia e chamamentos absurdos ao boicot a productos rusos: vodka, ensaladilla rusa,.., ¿a ensaladilla rusa?, ¿en serio?, ata hai un restaurante que lle ten cambiado o nome a ensaladilla rusa, pero imos ver almas de cantaro, a ensaladilla rusa, non é rusa, nin a tortilla francesa é francesa.

O xornalista español Pablo González, encarcelado en Polonia, un socio da OTAN e da UE, donde o teñen acusado de espionaxe.
O seu abogado ten confirmado que ten estado tres días aillado e sometido a interrogatorios. Occidente non quere que se informe sobre o conflicto en Ucrania. Solo se acepta a propaganda oficial.

Dá medo a facilidade con que a maquinaria dos medios de comunicación se poñen en marcha para decirnos cando temos que chorar e cando non.

Sin dúbida temos a obligación ética e moral de axudar e acoller aos refuxiados que fuxen da guerra na Ucraína, en Siria, en Libia,  de Afganistán, do Sáhara Occidental, de Palestina, do Iemen, do Kurdistan…e de calquera país do mundo, sin importar a súa su raza ou relixión.

Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dandonos a escoller entre mantener a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posible é a da verdade.