Redacción •  Galicia •  18/11/2022

Galicia en Común insta a Transportes a frear o novo “tarifazo” de Audasa

Ante a posible subida do 9,3% da AP-9 por parte de Audasa, o deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, pediu ao Ministerio de Transportes poñer “todos os esforzos” para frear este novo “tarifazo” da empresa.

Galicia en Común insta a Transportes a frear o novo “tarifazo” de Audasa

“Parécenos abusivo que a concesionaria leve a cabo o maior incremento da súa historia no peor momento posible. Pedimos a Transportes que evite que isto se produza, os petos das familias non teñen que sufrir máis”, sostén.

Ademais, Gómez Reino incide en que os usuarios da AP-9 continúan pagando unha autoestrada “amortizada”, por culpa do Goberno de Aznar e a complicidade da Xunta de Galicia do Partido Popular, coa subida do 1% polas obras do tramo Ferrol-Fene e a ampliación da concesión ata 2048, actuación que foi sinalada recentemente nunha sentenza do Tribunal Europeo pola súa posible ilegalidade.

Galicia en Común defende que o obxectivo debe ser recuperar a autoestrada cunha xestión 100%, gratuíta para as galegas. “É o xusto, Galicia xa pagou suficiente pola AP-9 e Audasa non pode seguir facéndose millonaria á conta dos de sempre. Seguiremos traballando para recuperar a autoestrada”, alega Gómez Reino. 


Galicia en Común /