La Tienda Republicana

Eva Solla

Esquerda Unida debate na Coruña sobre a importancia de coñecer a violencia vicaria como outra forma de maltrato contra as mulleres

Coruña, 10 de decembro de 2019. Esquerda Unida vén de celebrar na Casa Casares Quiroga unha charla sobre a violencia vicaria, o uso dos menores por parte dos seus proxenitores ou terceiras persoas para causar dano ás súas nais, na que participou Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Estrela Gómez, representante da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme) e Andrea Arévalo, activista feminista.

Esquerda Unida presenta a candidatura “A Esquerda con Forza”, encabezada por Eva Solla, para as Eleccións Autonómicas á Xunta de Galicia

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de presentar en rolda de prensa a candidatura de Esquerda Unida “A Esquerda con Forza” para as Eleccións Autonómicas á Xunta de Galicia, coas candidatas e candidatos de Esquerda Unida nas catro provincias, “unha candidatura feminista e preparada para facer fronte aos dez anos de recortes da dereita”.

Eva Solla urxe ao Goberno a implantar o servizo de psicoloxía na atención primaria

Compostela, 28 de novembro de 2019. Eva Solla, deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, destacou esta mañá na Comisión de Sanidade a necesidade histórica de rematar coa carencia de psicólogas e psicólogos clínicos no Sergas e pediu explicacións ao director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, de como este servizo tan necesario non está implantado na atención primaria.

Esquerda Unida súmase e chama a participar nas mobilizacións contra o Golpe de Estado en Bolivia e de apoio ao pobo boliviano

Compostela, 20 de novembro de 2019. Dende Esquerda Unida sumámonos e chamamos a participar nas mobilizacións que terán lugar por toda Galicia, de apoio ao pobo boliviano, a prol da lexitimidade do partido Movimiento Al Socialismo (MAS) e do goberno lexítimo de Evo Morales como presidente.

Esquerda Unida esixe un Plan de Saúde Mental con compromiso orzamentario para levalo adiante

Segundo explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “dentro do conxunto sanitario, a saúde mental viuse moi afectada polos recortes orzamentarios do Goberno de Feijóo; recortes que chegaron xusto no momento da crise, cando máis se precisa a atención especializada neste tipo de doenzas”.

Eva Solla: “O informe do Valedor do Pobo constata que os recortes da última década na administración merman á calidade dos nosos servizos públicos”

Compostela, 09 de outubro de 2019. Esquerda Unida vén de coñecer o informe do Valedor do Pobo correspondente a ano 2018, un informe que, en palabras da coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “deixa ver claramente que os recortes da última década, sobre todo en materia de persoal, afectan á calidade dos nosos servizos públicos”.

Eva Solla, respecto ao informe sobre as Contas do Sergas: “A Xunta debería pedir desculpas aos profesionais da sanidade pública”

A pesar deste contexto de saturacións e recortes, Solla apunta que “o informe do Consello de Contas denuncia (na páxina 107) o incremento da temporalidade no SERGAS e advirte a diminución de 582 efectivos de persoal propietario e un incremento tanto das persoas interinas como das eventuais. Este informe afirma que o persoal que recupera praza en propiedade é o 62% do total, polo que os datos ofrecidos no Parlamento son mentira.

Eva Solla: “A Xunta está a ser cómplice da impunidade nos casos relacionados coa Carioca”

Compostela, 30 de xullo de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e Raquel Bernárdez, coordinadora da área da Muller de Esquerda Unida, veñen de ofrecer unha rolda de prensa para esixir a implicación da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para presentarse como acusación no marco do Día Mundial contra a Trata de Personas.

Esquerda Unida celebra este 25 de Xullo os 40 anos da constitución dos primeiros concellos democráticos, en Mugardos

Compostela, 22 de xullo de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de presentar en rolda de prensa o acto de Esquerda Unida para o vindeiro 25 de Xullo en Mugardos e que leva por título: “Un fío vermello para tecer alternativa de país”. “Fai dous anos comezamos a celebrar en Mugardos esta data poñendo o aceno na importancia das alcaldías democráticas, homenaxeando a Juan Prieto Balsa, último alcalde republicano asasinado pola ditadura franquista.

Eva Solla: “Un de cada tres nenos e nenas de Galicia sofre de sobrepeso e obesidade infantil”

A deputada explicou que tanto en España como en Galicia sufrimos un problema de malnutrición “debido ao abandono de hábitos beneficiosos, como a dieta Atlántica”. Tal e como lembrou Solla, “dende fai anos, falamos de abrir os comedores escolares en verán ou de tomar medidas ante o aumento da pobreza e o que isto pode afectar á infancia”. En 2013, a Xunta presentou o Plan Xermola, un plan “moi criticado, xa que non recollía medidas relacionadas á alimentación e á pobreza”.

Páginas

Suscribirse a Eva Solla