La Tienda Republicana

Lei de Patrimonio Natural de Galicia

Antón Sánchez no debate da Lei de Patrimonio Natural de Galicia: "A maior batalla que se libra neste país é contra a agresión e o saqueo do medio ambiente"

Para Sánchez, tamén voceiro nacional de Anova, esta "batalla contra o saqueo e o espolio do país  contra a agresión e saqueo do medio ambiente" estase a librar "só coas mans da xente", da cidadanía organizada "coma no Nunca Máis". 

"Cando un goberno elude as súas responsabilidades e traizoa aos seus representados é a propia cidadanía a que ten que librar esta batalla porque desgraciadamente estamos sós, sen ningún Goberno que nos defenda neste aspecto" -denunciou o deputado en clara alusión a dexación de funcións de Alberto Núñez Feijóo e o seu Executivo-.

O ambientalismo galego clama contra a nova Lei de Patrimonio Natural do PP

Para organizacións como a Sociedade Galega de Historia Natural "a nova lei vai pouco máis alá de basearse na anterior, actualizando o texto co indicado na normativa estatal de obrigado cumprimento (a Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad) e algúns convenios internacionais subscritos polo Estado".

Suscribirse a Lei de Patrimonio Natural de Galicia