O debate non está en eólicos sí, ou eólicos non.
É doloroso ver como un goberno que se di de esquerdas tenta levar adiante megaproxectos eólicos sin contar con a cidadanía, cos veciños das zonas rurais afectados, os mesmos proxectos eólicos que asinaría o PP sen pestañear.
Non é fácil de asimilar o feito de que un goberno tente de levar adiante proxectos que non cumplen con a lexislación vixente, ejemplo de algúns dos aeroxeneradores que se pretenden levantar a menos de 300 metros das viviendas, cando unha lexislación xa feita a medida non permite facelo a menos de 500 metros.
Na Galiza temos un rural moi rico, con moitas posibilidades, dende obter a soberanía alimentaria ata manter entornos paisaxísticos que nos enfoquen cara un turismo de calidade.
O debate non está en eólicos sí, ou eólicos non.
A cuestión é que os megaproxectos eólicos planificados non cumplen uns mínimos. A cuestión e ¿querería vostede vivir nun Parque Eólico?, ¿a quen van a beneficiar realmente estos megaproxectos?.
A quen non benefician é ó rural galego nin a poboación afincada nas parroquias afectadas, uns veciños a quen non se lles ten en conta a hora de tomar decisións que afectan as súas vidas e ó futuro do seu patrimonio individual e colectivo.
A mín tocame a ameaza do proxecto «Parque Eólico de Caaveiro», a todos os veciños de Anca tocanos loitar si non queremos vivir nun Parque Eólico por decisión do goberno de turno e as multinacionais do sector.
O macroproxecto eólico de Caaveiro afectanos de cheo, ten chegado as nosas vidas como unha patada no estómago dada por un suposto amigo.
Un proxecto vergoñento que por non cumplir nin siquiera cumple con a legislación vixente en relación a distancia cos núcleos de poboación.
Megamolinos xeneradores de enerxía de 200 metros de altura a tan solo uns 269 metros de vivendas, cando a lei marca 500 metros para xeneradores moito máis pequenos e polo tanto menos potentes e dañinos, segúndo moitos expertos na materia 500 metros é xa unha distancia manifestamente insuficiente.
En Alemania multiplican a altura do eólico por 10 para calcular a distancia do aeroxenerador das viviendas, no caso que comento falamos de muíños de 200 metros, así que a distancia sería de 2 kilometros e non de 500 metros e aínda menos de 300 metros.
Obrigannos a movilizarnos e facer alegacións sobre proxectos que non deberían estar sobre a mesa, porque atentan contra a poboación e ata contra a lexislación vixente, nos teñen obrigado a comenzar unha nova loita e a poñer diñeiro dos nosos petos para tentar frear un abuso, un auténtico acto de agresión contra os intereses dos poboadores dos territorios afectados.
A ninguén lle gusta ter que pelexar contra muíños, nin a Quijote, nin a Sancho, nin a ningún de nos que tenemos como todos unha vida, unhas familias e unhas obrigas que atender, pero tamén por todo esto non podemos deixar de facelo.
Non estamos contra a enerxía eólica, nin moito menos.
Dúas son as consignas: EÓLICOS AQUÍ NON!, e EÓLICOS ASÍ NON!, o obxectivo é o mesmo, exigir respeto e o dereito a ter un futuro na terra que nos ten visto nacer.