Són tempos de loitar para vencer. Galiza non se vende, se defende.
Nos últimos tempos distintos compañeiros e diferentes persoas teñenme preguntado si deixei a política activa
A resposta é un «non» rotundo, ¿como vou a deixar a política sendo consciente da clase a la que pertenezco?. Ben é certo que teño dado por así decilo un paso atrás por un tempo, máis a nivel sindical sigo na loita e sen dubida esa é a primeira liña da causa obreira.
O prezo do pan, da enerxía, da sanidade, a educación, de todo o básico para unha vida digna depende de decisións políticas e non podemos mirar cara outro lado, temos a obrigación de facernos responsables das nosas vidas.
Despois dun proceso de reflexión persoal de máis de dous anos, fóra xa da política institucional e da «disciplina» de partido, estou convencido da necesidade de ter organizacións de clase dignas dese nome que defendan os nosos intereses, e tamén que na Galiza precisamos de organizacións propias, que defendan a nosa identidade nacional, o noso idioma, a nosa cultura e impidan que se siga a prostituir a nosa história.
É un erro, que eu mesmo cometin, pensar que movementos, partidos, ou organizacións sindicais poden entender e defender os intereses da Galiza, aínda que só sexa por falta de comprensión da nosa realidade nacional.
É un erro aínda maior agardar que proxectos personalistas, sen unha base ideolóxica clara, sen unha base organizativa real, poden defender os intereses da clase traballadora, aínda que realmente tivesen ese obxectivo, cousa que dubido.
Precisamos de suxeitos propios, que defendan a Galiza no seu contexto, que a respecten como a unha nai, e que entendan a necesidade de defender a nosa identidade como nazón.
Precisamos de organizacións de clase a nivel nacional, que non sexan equidistantes no mal chamado diálogo social, senón que tomen partido e compartan trincheira coa clase traballadora na loita de clases que move as rodas da historia.
Nin a crise, nin a estratexia dos que sementan medo e miseria deben parar a nosa determinación de loitar e vencer.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña)