André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/12/2021

Decembro negro para as traballadoras e traballadores de Mercadona.

Quendas de traballo eternas, ritmos de traballo estenuantes, clima laboral estresante, este é o Decembro negro para as traballadoras e traballadores en Mercadona.

Os novos horarios «flexibles», Xornada flexible en máxima anual de 1826 h/ano, asinados por Mercadona cos seus sindicatos de confianza CCOO- UGT fan imposible a conciliación da vida laboral e a familiar. Algo que xa era unha utopía en Mercadona agora é unha quimera.

O persoal está sometido a presións continuadas e a uns ritmos de traballo estresantes para cumprir cos tempos que lles marcan, «imposíbeis de cumprir pola enorme carga de traballo». Isto fai que o persoal estea sometido a unha elevada tensión que ao final acaba derivando en problemas para a súa saúde.

A isto hai que engadir ademais os compartamentos irrespectuosos por parte de determinados mandos «que son humana e laboralmente intolerábeis, pero que Mercadona obvia, consinte e encubre». Un posición patronal que contratasta coa imaxe de empresa modélica que Mercadona vende nos medios de comunicación, malia que a realidade laboral é ben distinta.

«Parece mentira que en pleno século XXI nos teñamos que esixir respecto e dignidade, pero así  é. Vendemos a nosa forza se traballo, nin a nosa dignidade, nin a nosa saúde fisica e mental, nin as nosas vidas están en venta. Iso é algo que Mercadona non entende».

André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).


Opinión /