Minten os que din que España está obrigada a intervir na Ucraína.
España pertence a OTAN, Ucraína non, polo tanto non está obrigada a defender a fronteira ucraniana pola súa pertenza a OTAN, de poñer en perigo a vida de soldados o fará voluntariamente e de gratis.
A pertenza a a OTAN obriga a defender a un Estado membro que é agredido, pero non obriga a defender intereses económicos e xeoestratexicos de EEUU e as grandes multinacionais na Ucraína ou en calquer outro país do mundo.
Non é unha cuestión de bos e malos, non se trata de defender a libertade, porque despois da chegada ao poder na Ucraína dos NAZIS co apoio de EEUU e Europa, difícilmente Ucraína pode ser un exemplo de libertade.
Crimea, Donbás, Odessa, teñen unha poboación de maioría rusa que non aceptou ese goberno fascista, nin a ola de opresión, de xenofobia antirusa, de racismo e de persecución a sindicalistas e persoas de esquerdas que o Goberno ucraíno desatou coa súa chegada ao poder.
Unha chegada ao poder da extrema dereita fascista que se xestóu pola forza, con manifestacións do fascismo nas rúas, coas mentiras da prensa internacional que vendian unha nova «primaveira árabe» na Ucraína, que contou coa intervención da CIA e o apoio do goberno de EEUU e da Unión Europea, unha operación que tiña o obxetivo de tumbar a un goberno democrático e lexítimo ao que Occidente consideraba proruso.
É importante o contexto, coñecer a historia e entender os intereses que alimentan o conflicto para poder buscar unha solución.
¿Que farían os EEUU, ou calquera país da OTAN, si nas súas fronteiras potencias estranxeiras acumulasen tropas e armamento como medida de presión e ameaza?.
¿Acaso non é iso o que está a facer a OTAN?, ameazar as fronteiras rusas e tentar de desestabilizar a súa su economía con sancións e tamén aos seus aliados, como no caso de Bielorrusia.
Vemos como opinadores saen falando da «libertade» da Ucraína e da OTAN para aliarse, para poñer misiles na fronteira con Rusia, ou para armar ao exército Ucraíno.
¿Pero que pasaría si Rusia e Cuba decidisen poñer misiles na illa?, supoño que outra crise dos misiles e unha nova ameaza de terceira guerra mundial.
Os incendios non se apagan con gasolina, como tampouco serán as armas quenes eviten unha guerra.