Andra Gulei / Adriana Estrada •  André Abeledo Fernández •  Opinión •  01/02/2022

7 puntos dende a esquerda para derogar realmente a reforma laboral

Nestes días vemos como dende os medios de comunicación intentan presionar a esquerda para que apoie a reforma laboral pactada polo goberno coa patronal, CCOO e UGT.
Afease a conducta de aqueles que entendemos que esta reforma laboral non é máis que o maquillaxe ou a modificación da reforma laboral do Partido Popular.
O que dende a esquerda se defende é que o Goberno debe cumprir co compromiso de derogar a reforma laboral do PP, e que non é suficiente con matizar alguns puntos.
O que decimos é que o Gobierno se ten saltado tódalas liñas vermellas que eles mesmos se tiñan marcado.
De calquera xeito a esquerda ven de propoñer ao goberno 7 puntos para que a derogación da reforma laboral sexa real e non quede nunha operación estética.
Os 7 puntos que BNG, BILDU, ERC e CUP poñen sobre a mesa para apoiar a reforma laboral.
1. Se recuperará e establecerá a prevalencia e prioridade aplicativa dos acordos e convenios colectivos provinciais e autonómicos, así como a blindaxe xurídico dos Acordos Interprofesionais autonómicos donde efectivamente estos existan. Se recoñecerán e blindarán así os marcos laborais propios dos diferentes territorios e os acordos e convenios colectivos neles acadados.
2. Se recuperará a necesaria autorización administrativa da autoridade laboral no control dos despedimentos colectivos a través dos Expedientes de Regulación de Emprego, recuperando para elo as causas obxectivas previas a Reforma Laboral do 2012.
3. Se especificarán medidas para atallar a precariedade e as posibilidades de descolgue salarial, centrada nunha revisión e modificación das causas e procedementos do despedimento, así como dos procesos de modificación sustancial das condicións de traballo baixo as causas de “pérdidas” previstas actualmente. Así mesmo, o descolgue das condicións laborais e salariais baseado en causas xustificadas deberá quedar condicionada ao acordo coa representación sindical.
4. Se recuperará a indemnización por despedimento improcedente, incrementando a súa cuantía aos 45 días por ano traballado ata un máximo de 42 mensualidades para os despedimentos declarados improcedentes. Así mesmo se recuperarán os salarios de tramitación.
5. Se recuperará a prioridade aplicativa dos convenios sectoriais sobre os de empresa. Aos convenios de empresa lles corresponderá a función de adecuación e mellora das condicións fixadas nos convenios colectivos sectoriais, que constituirán o chan mínimo dascondicións  en todas as  empresas do sector.
6. Se restaurarán aslimitacións das empresas para amovilidade  xeográfica colectiva e se recuperará anecesidade  deacordo  para a regulación da xornada.
7. Se incluiránpropostas  orientadas a reordenación do tempo detrabajllo e a reducción da xornada laboral, para facilitar a conciliación da vida laboral e personal así como o reparto o emprego e o traballo, dende a perspectiva da transformación cara un novo modelo de relacións laborais en consonancia coa transición enerxética, dixital e demográfica.
Persoalmente e como traballador suscribo os 7 puntos ao 100%. Uns puntos que como sindicalista parecenme irrenunciables para que a clase traballadora recupere realmente os dereitos que nos roubaron coa anterior reforma laboral feita ao dictado da patronal.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña)

Opinión /