André Abeledo Fernández •  Opinión •  01/02/2022

España é regueton, Galiza é identidade, gañamos nos

Vai ser que o xurado estaba máis que dirixido para promocionar un produto, o produto dunha discográfica, o arte ou a cultura non tiñan cabida.
O xurado prefiriu que España sexa representada polo regueton, antes que o fixesen tres artistas galegas coa súa identidade.
A parte boa de todo esto é que un ano máis xa non vou a ver Eurovisión.
Sinceramente un país representado polo Regueton a min non me representa, cada día estou máis orgulloso de ser galego.
As cifras da vergoña de Benidorm Fest son as seguintes:
53.623 chamadas a 2€= 107.346€
138.383 sms a 1,45€= 200.655,35
Total= 308.001,35€
¿Quén gaña? RTVE
Có tema da votacións, do televoto tamén nos tomaron o pelo. Ao final pasaron dá votación popular para que un xurado de «profesionais» decidise que a mellor canción para «representar» a España é un regueton en Spanglis con unha letra de simplona e machista, pero respaldada pola industria como produto enlatado.
Pareceme un tongo para evitar que unha canción en galego fose a Eurovision.
O regueton poderá representar a España, a Galiza non a representa.
O xurado non entende a nosa cultura, nin a nosa música, pero tampouco entendeu a cultura en xeral, porque apostar polo regueton e o Spanglis non é apostar pola cultura, nin da galega, nin da española, a catalana ou a euskera.
Sinto que Televisión Española nos ten estafado, o televoto foi un fraude, se teñen embolsado moito diñeiro a costa de enganar aos espectadores, o resultado estaba decidido de antemán, o xurado profesional era un simple ás na manga para asegurar o resultado.
SPAIN 0 POINST!. ESPAÑA 0 PUNTOS!. ESPANHA O PUNTOS!. ESPANYA 0 PUNTS!. ESPAINIA 0 PUNTU!. ИСПАНИЯ 0 БАЛЛОВ!. SPANIEN 0 PUNKTE!. ESPAGNE 0 POINT!…grazas ao regueton, a letra machista, ao spanglis, a música simplona e un «tongo», Europa se porá dacordo.

Opinión /