Acorralar a Rusia é unha mala idea
Neste mapa podemos ver as bases con que a OTAN acorralar a Rusia, se cadra iso nos permita entender mellor o que acontece na Ucraína e os motivos de Rusia para sentirse agredida e hostigada.
É algo obxetivo e non subxectivo que as bases da OTAN son un perigo para aqueles paises que non pertencen a esa organización, a súa historia é a de unha organización que pretende impoñerse pola forza e dirixida dende Washington.
E si finalmente Rusia non invade a Ucraína os medios de desinformación, a OTAN e os EEUU que dicían que a invasión é inminente, ¿van a pedir disculpas?. Non o farán.
¿Pero acaso Rusia ou calquera país ameazado non ten dereito a defenderse?.
Non hai que irse moi lonxe para poñer exemplos de mentiras da OTAN e os seus aliados que levaron a invasións, dende as inexistentes armas de destrucción masiva en Irak, ata as mentiras coas que se buscou ter coartada para destruir Libia.
Precisamos de memoria para non ser enganados unha e outra vez.