André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/02/2022

A República Popular de Donetsk (RPD) e o seu dereito a autodeterminación

No mapa do conflito ucraíno debemos poñer sobre a mesa unha guerra, porque dende  o 7 de Abril do 2014, data da proclamación de súa independencia, Ucraína declaroulle a guerra a quenes tentaron de independizarse e o conquerirón.
Primeiro tentaron facelo dun xeito pacífico mediante un referéndum de autodeterminación e o povo votou por independizarse.
E logo Ucraína lles declaróu a guerra para obrigar pola forza a esta República autodeterminada a formar parte dun país que non sinte como propio e mantiveron a súa independencia loitando.
Dende entón están en guerra a República Popular de Donetsk (RPD) e Ucraína.
Ucraína ten utilizado todo o seu poderío militar contra esta República autodeterminada e independente de feito, o recoñeza ou non a comunidade internacional.
Seguindo o exemplo do referendo de Crimea de 2014, os concelleiros do óblast de Donetsk votaron a principios de marzo de 2014 ter un referéndum para decidir o futuro da rexión administrativa.
O 6 de abril miles de persoas se congregaronse en protesta contra o Goberno interino de Kiev en Donetsk. Os manifestantes asaltaron un edificio da administración rexional tras romper o cordón policial e retiraron a bandeira Ucraína colocando no seu lugar unha bandeira rusa.
Miles de persoas se tiñan congregado na praza de Lenin con bandeiras rusas e pancartas antigubernamentais pedindo a federalización de Ucrania, un referéndum e o estatus de oficialidade do idioma ruso.
Finalmente, a RPD foi proclamada na cidade de Donetsk o 7 de abril de 2014.
A nova república pediu a Rusia que defendera dos «embates criminais » de Ucraína ao pobo ruso residente. Ese mesmo día se autoproclamóu a República Popular de Járkov no Óblast de Járkov.
As autoridades do Goberno da RPD anunciaron o 9 de abril que publicarían os seus decretos e controlarían tódalas cidades da rexión. O 10 de abril anunciaron a creación dun «Exército Popular».
O pobo de Donetsk votou decidindo establecer lazos con Rusia, Kazajistán, Bielorrusia e as institucións internacionais como as Nacións Unidas para rachar con Ucraína. Tamén se falou de buscar unha cooperación coa Unión aduanera de Eurasia e os outros grupos separatistas de Járkov e Lugansk.
A RPD anuncióu as intencións de celebración dun referéndum para o 11 de maio na rexión, na cal os votantes decidirían sobre a proclamación da «independencia estatal» do óblast respecto da Ucraína. O presidente da Comisión Electoral Central afirmóu que se tiñan formado uns 2279 colexios electorais.
Tamén asegurou o uso de furnas transparentes e invitou a calquera persoa e organismo a ser observador. O 12 de maio de 2014 despois do referéndum sobre o estatus político da RPD e con base nos datos de este referéndum (89,71 % votaron a favor da RPD) se proclamou a soberanía estatal da República.
Recoñecida ou non a nivel internacional o pobo ten exercido o seu dereito a autodeterminación e a ten gañado con sangue, suor e bágoas.

Opinión /