André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/02/2022

O irmán de Ayuso, Teodoro, Casado, máis madeira, VOX de Guatemala a Guatepeor.

O irmán de Ayuso é un patriota moi español e moito español, solo se aproveitou dunha pandemia e da necesidade de mascarillas para gañar diñeiro co sufrimiento alleo.
Non digo que alguén deba trablljar gratis, o que digo é que usar unha pandemia para facer caixa e chanchullos é algo inmoral, indigno e moi posiblemente tamén tráfico de influencias é un delito.
Todos temos visto os chanchullos do PP, dende comprar votos, ata equivocarse de botón, dende a caixa B, ata as armas de destrucción masiva que non existían en Irak, dende as autopistas, ata o regueiro constante de casos de corrupción.
Teodoro, Ayuso, Casado…que máis dá si o problema se chama Partido Popular.
O problema de todo esto é que a descomposición do Partido Popular alimenta a ultradereita de VOX. De Guatemala a Guatepeor.
Parece que temos asistido ao día en que o PP volou polos aires: «Casado e Ayuso morreran matando».
Non ten sido a corrupción, nin os recortes, as privatizacións, os bulos, as mentiras, ao final os cachorros do franquismo matanse entre eles e si Ayuso perde se irá a VOX.
Como dixo M. Rajoy:
«Canto peor mellor para todos e canto peor para todos mellor, mellor para min o seu beneficio político.»

Opinión /