Guerra na Ucraína: drama, censura e hipocrisía. Non penso odiar a Rusia.
Hipocrisía é cando no valado de Melilla recibise a golpes devolvese en quente aos que fuxen das guerras en África, da fame, a miseria, da escravitude, ou da ablación, namentres anunciamos que daremos residencia e acolleremos a todos os refuxiados da Ucraína.
Hipocrisía é dar as costas e non ver a guerra e o xenocidio no Iemen e Palestina perpetrados por Arabia Saudí e Israel, esquecer as mulleres no Afganistán Talibán, dar as costas ao pobo saharaui que ten o seu territorio ocupado por Marrocos, e so querer ver a Ucraína.
Hipocrisía son as bandeiras da Ucraína ata na sopa, non me parece mal, pero boto en falta moitas outras bandeiras; Palestina, Sáhara Occidental, Kurdistan, Iemen, Sudán, Somalia, Libia, Siria, Donetsk, e un longo etcétera de bandeiras de países en guerra, en conflicto, con fame de todo.
Hipocrisía: cando maltratamos aos que saltan o valado de Ceuta ou Melilla, ou tentan cruzar o mar Mediterráneo, fuxindo de guerras provocadas por Occidente, da fame, de ditadores, da escravitude na Libia destruida polos OTANISTAS, da ablación as mulleres en África, da morte e da miseria…pero eles son negros, ou morenos, non son racialmente aceptables para Europa, non son xeopolíticamente ou xeoestratéxicamente interesantes, ou non teñen materias primas que roubar para Occidente.
É interesante escoitar como un militar español, o coronel Baños, que é un experto en intelixencia militar e xeopolítica, nos fala nun canal xeneralista español de como no Estado español os medios de comunicación desinforman, intoxican, minten e están ao servizo da OTAN e dos EEUU cando falan sobre o conflicto en Ucrania.
Europa evOccidente, apostan pola censura e a propaganda en relación a Ucraína. Queda prohibida calquera opinión, ou información, que poida estragar o relato oficial.
Dende prohibir aos cidadáns europeos informarse en medios rusos, ata a censura en redes sociais a modo de bloqueos, contas restrinxidas, ou eliminación de contenidos ou directamente de usuarios.
Por outra banda asistimos a censura cultural ademáis da política e económica, como as cancelacións e boicots as producións rusas, que van dende a música clásica, ata o arte, o teatro, teñen xerado reaccións encontradas: dende os que entendemos que é un acto de censura hipócrita e estúpido, aos que o asumen como unha medida de presión inexorable.
Ou o castigo ao deporte ruso, un castigo xamais visto antes, en ningunha invasión anterior ou actual.
Non me cabe na cabeza que o xefe da diplomacia española e europea, Josep Borrell, esté facendo este tipo de declaracións incendiarias. Non podo entendelo. Non sei si Borrell é un idiota, un imbécil ou un irresponsable. Ou si realmente Josep Borrell esta mal da cabeza.
Non me van a obrigar a odiar a Rusia, nin ao pobo ruso, o mundo debe moito aos pobos da antiga URSS, eles aplastaron a Alemaña NAZI e foron os que fixeron o maior esforzo e sacrificio para liberar Europa.
Rusia destaca pola súa cultura, a súa u literatura, a arte, o seu deporte…é un país continente.
Ademáis a guerra na Ucraína pon sobre as nosas mesas a importancia de ter soberanía alimentaria, de ter unha agricultura capaz de alimentar por si mesma a poboación do noso territorio si é preciso, a importancia de apostar polo sector primario para ter soberanía.
As reservas de millo e trigo, na Galiza, están baixo mínimos. O gran xestor Feijóo, suplirá estas carencias, con eucaliptos supoño. Non é a guerra, é a renuncia a soberanía alimentaria a que nos pon entre a espada e a parede.
Rusia non ten a culpa de todo e o empobrecemento dos pobos de Europa é responsabilidade dos gobernos de Europa e das súas políticas.