Josep Borrell a voz da hipocrisía de Europa
Escoitar a Borrell, que é un señorito moi aseñorado con salario millonario e traballo garantizado, facendo chamamentos a austeridade e a resistencia aos cidadáns europeos. Oírlo dicir que nos vaiamos acostumado a soportar o frío, a acender as velas, a ser máis pobres, en nome da guerra na Ucraína. É dunha hipocrisía impresentable.
Josep Borrell falanos de épica, resistencia e austeridade dende o seu cargo millonario na UE. Di que aos europeos deberíannos espertar as bombas as 5 de la mañá para abrir os ollos a realidade. Ignorante miserable, ¿ti que sabrás da vida dos cidadáns?, ¿acaso a subida do prezo da vida vai a afectar a alguén que gaña casi 400.000 euros anuais?.
«O meu consello, a miña petición, de que a xente aforre gas para non ter que importar gas ruso non vai cos españois, porque os españois non consumen gas ruso, pero para o resto de Europa sí». Borrell aínda parece máis hipócrita e alonxado da realidade cando tenta matizar as súas declaracións, patético.
Os discursos de Borrell ao Churchill na segunda guerra mundial, serían para reirse de non ser porque este personaxe é o voceiro de Europa, vamos que fala en nome de tódolos membros da UE cando chama a poboación a prepararse para o peor e aprender a sufrir.
Por outra banda a hipocrisía é compartida, porque Occidente na Ucraína ten unha actitude oposta que no mundo árabe. Glorifican a resistencia contra os rusos e califican de «heroes» a quenes combate as súas tropas. Namentras os palestinos que combaten ao exército israelí nos territorios ocupados son calificados de «terroristas»
Obradovic, técnico do Partizán de Belgrado: «Non lembro que a xente falase tanto cando o meu país, Serbia, foi bombardeado»
«Non vin a xente reaccionar e falar tanto. Tamén en Irak, en Siria e en Afganistán… estou en contra de calquera tipo de guerra, é terrible…»
«Non se coñece momento na historia do mundo, en que a mentira sistemática se teña practicado con menor vergoña, ou polo menos, e grazas a tecnoloxía moderna, de maneira maior e máis eficiente ou a maior escala, que polos dictados políticos desta edade»
Medidas como o adeus a tódolos McDonalds de Rusia ata novo aviso. Os rusos quedanse sin Big Macs, McNuggets e McFlurrys. A verdade non creo que poda considerarse unha mala noticia para os rusos, sobretodo para as arterias, o colesterol alto, a obesidade infantil e a saúde en xeral.
«As sancións económicas impostas a Rusia ou a marcha das multinacionais do país buscan presionar a Putin. Pero poderían ter un efecto contrario e que os cidadáns se sintan atacados e pechen filas entorno ao seu presidente.»
(Elena Bogush, historiadora e socióloga rusa).