Unha nova traición coas pensións para coa clase traballadora
Outra vez queren meternos un gol coas pensións, nos están traizoando o Goberno e os sindicatos CCOO e UXT, están tragando co chantaxe da UE.
Namentres en Francia arden as rúas pola intención do goberno francés de pasar da xubilación dos 62 aos 64 anos, aquí imos a reventarnos ata os 67, e de agallo comezan o camiño de levarnos ao calculo da pensión sobre 27 anos traballados en vez de sobre 25.
Porque deixar as dúas opcións de cálculo é un paso para despois poder con máis facilidade deixar o cálculo de 27 anos, a máis perniciosa para a clase traballadora.
Cando falan dos axentes sociais, dos «sindicatos», están falando de CCOO e UXT, dous sindicatos que teñen perdido o respaldo e a confianza da clase traballadora, que teñen traizoado unha e outra vez a clase traballadora.
CCOO e UXT na Galiza por exemplo xa non son o sindicato maioritario, porque por sorte para a clase traballadora galega existe a CIG.
Por eso as súas negociacións co Goberno e a Patronal non poden facelas en nome dunha clase traballadora que os considera traidores.