O amo manda. Os medios en defensa dos grandes empresarios
Os medios de comunicación están defendendo a capa e espada o libre mercado que permite aos seus amos, aos grandes empresarios, multiplicar os seus beneficios en tempos de crisis.
Periodistas cortesanos e lamecus vendendo as bondades dos brutais beneficios dos grandes empresarios. O amo manda.
Periodistas e opinadores mamporreiros defendendo ferozmente aos grandes empresarios, a bancos e aos seus sus astronomicos beneficios.
Apelar a bo vontade dos que ata o día de hoxe están desplumando sin piedade a clase traballadora é unha burla.
Para mostra un botón, a baixada do IVA para a contención de prezos na alimentación ten sido un fracaso, porque inmediatamente as grandes distribuidoras a comeron e as converteron en beneficios económicos, namentres as arcas públicas quedaronse sin recaudar un diñeiro necesario, para invertir en sanidade, ou en educación, ou en medidas para paliar o sufrimento de miles de familias.
O libre mercado e as súas reglas, ou falta de reglas, é a selva, o salvaxismo, e a lei do máis forte.
Nas crisis demostrase o inhumano do liberalismo, o brutal do capitalismo, aa falta de escrúpulos dos grandes empresarios e os multimillonarios.