A esquerda silenciosa é a esquerda traidora
A que di que a esquerda non fai ruido que olle agora cara a Francia, que vexa como defende os seus dereitos a clase traballadora.
Recordarlle a ministra de traballo, que é afiliada a CCOO, e tamén a dirección deste sindicato hoxe vendido as oligarquías e a patronal, o que dicía o seu su máis insigne fundador: «O dereito de folga consiguese facendo folgas; o dereito de reunión, reunindose; o dereito de asociación, asociándose; e todos estos atributos da liberdade, é únicamente a acción de masas a que pode acabar imponiéndolos.»
(Marcelino Camacho, Charlas na prisión:
O movemento obreiro sindical, 1976)
Con ruido, con moito ruido conquistanse os dereitos señora ministra.
Unidade da esquerda, os que queiran que me sigan, eso sí, que me sigan a min, coas miñas condicións, si non me sigues, significa que non queredes a unidade, porque a esquerda son eu, e quen non acepta as miñas condicións estalle abrindo as portas ao fascismo. «Ou eu, ou o caos». E a esto chamanlle disque que SUMAR.
Por outra banda chamar «proceso de escoita» ao que debería ser un proceso de debate ideolóxico e de modelo de Estado, o di todo sobre o inútil do proceso.
Podemos serviullle aos amos do sistema para desactivar a protesta na rúa, para desmovilizar a clase traballadora, e para desmantelar e descafeinar ao que quedaba de esquerda organizada no Estado español.
Pero ao PSOE que forma parte do sistema, Pablo Iglesias resultaballe algo incómodo e non co suficiente pragmatismo.
Mais atoparon a persoa ideal, a ministra de traballo, que é pragmática ata a médula e fai moito tempo que se pasou do comunismo ao iolandismo.
Agora o PSOE axuda a Iolanda no seu proxecto SUMAR, e tamén o fai Ferreras e La Sexta, porque o iolandismo non é nin un problema para as oligarquías, nin aínda menos unha solución para a clase traballadora.
Fagamos ruido, pero moito ruido, para que os que mandan saiban que somos máis, moitos máis e movemos o mundo.