André Abeledo Fernández •  Opinión •  15/04/2023

Galiza é unha nación e necesita a independencia para existir

A unidade solo é posible dende a igualdade e o respeto. Namentres sexamos tratados como unha rexión e non como a nación que somos.

Namentres que o noso idioma sexa tratado como de segunda categoría, ou peor como un dialecto o un castelán mal falado, namentres que a nosa cultura sexa periférica e tratada con desprezo, non pode existir unidade con quenes nos humillan dende fai séculos.

Galiza é unha nación, pero unha nación sin Estado a que tentan facer desaparecer. Por iso necesitamos a independencia e un goberno propio, para poder existir. 

Houbo un tempo en que pensei que dentro dunha República Federal de esquerdas a Galiza, Euskadi e Catalunya poderían sentirse libres e en pé de igualdade. 

Mais estaba equivocado, a «esquerda» española non deixa de ver a Galiza como a periferia, como o curmán terceiro pobre ao que se lle quita o pouco que ten porque é parvo, como a unha rexión mais nunca como a unha nación. 

E en esta realidade o único camiño para que Galiza poida ser libre, para que poida medrar, e a nación galega non morra é a independencia.


Opinión /