André Abeledo Fernández •  Opinión •  12/08/2023

Decir a verdade sobre a República é revolucionario

Nestes días en que o sector máis falanxista de VOX gañou la partida ao máis neoliberal e toma o partido.

Cun personaxe como Ortega Smith dicindo que as chamadas 13 rosas, as 13 mozas fusiladas polo franquismo o merecían, acusando as víctimas impunemente de asesinas e violadoras, fsise preciso contar as verdades.

Parafraseando a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea fascista, “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos sonos”. 

A Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio  de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. 

En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as  Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a liberdade de cátedra.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

Todos os 14 de abril teñen que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

“Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica. 

Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un goberno lexitimo e referendado nas urnas.

Un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando Nacional contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre.  

Lembro agora unha das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres enterran semente.”

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas, pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas?, ¿como perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é un delito. 

Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria. 

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles foron  mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantabrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión. 

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados…

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do “Acorazado España”. 

O que aconteceu en Narón que entón era unha aldea multiplicouse en Ferrol, na Galiza e en todo o Estado español. 

Sonche tempos difíciles, con falanxistas nas institucións, con fascistas vomitando o seu discurso de odio, co nacional catolicismo máis rancio atacando os dereitos fundamentais, como os derechos da comunidad LXBTI, e o dereito da muller a decidir sobre o seu corpo, o dereito ao aborto. 

Tempos onde a esquerda tense perdido en proxectos sin ideoloxía, con republicanos monárquicos, ateos papistas, esquerdistas OTANISTAS, comunistas arrepentidos, entre outros ex camaradas refirome a Yolanda Díaz. 

Tempos onde o  pacto social tense convertido nun eterno retroceso de dereitos para a clase traballadora, e os axentes sociais son unha Patronal sin límites para exprimir aos traballadores, e uns sindicatos aos que chaman «os sindicatos», CCOO y UXT, que teñen traizoada en demasiadas ocasións a clase traballadora e cada día representan a menos xente. 

Sonche tempos onde a esquerda debe reconstruirse sobre bases solidas para non volver a caer en proxectos peronalistas e de escasa utilidade para a clase traballadora. 

«Decir a verdade é sempre revolucionario», (Gramsci), e un revolucionario debe odiar a mentira. 

Honor e Gloria os nosos mártires. 

Saúde e República, mellor si e unha república galega. 


Opinión /