André Abeledo Fernández •  Opinión •  27/02/2025

Roxo!, non trabes a man de quen te da de comer

Roxo, ou zurdo como nos chaman agora uns fachas que fácilmente asimilan todo o que ven de fora, agora son Libertos de Milei, despóis son Trumpistas, ou apoian o xenocidio en Palestina e seguen a Netanyahu, os borregos sempre precisan dun pastor.

Por suposto que son roxo ou zurdo, ademáis de comunista orgulloso, un traballador con conciencia de clase, que defende os seus intereses, os dereitos conquistados e tamén o presente e o futuro dos meus fillos e das futuras xeneracións.

Roxo co corazón a esquerda e co puño dereito apertado e erguido, un xesto de orgullo de clase traballadora e de loita polo respeito a dignidade aos máis, aos maioritarios en tódolos sentidos, aos que moven as rodas da historia.

Porque si a clase traballadora para todo se para, nada funciona e o sistema se ven abaixo. Unha empresa non pode funcionar sen traballadores, pero pode funcionar perfectamente sen empresarios, sobre todo sen empresarios explotadores.

Os que crean riqueza co seu traballo son os traballadores, coa plusvalía enriquecemos aos multimillonarios, nosoutros somos os que facemos todo namentres eles so recollen os beneficios do noso traballo.

O empresario arrisca o seu diñeiro nos din para crear riqueza, mentira, invirte o seu diñeiro para gañar máis diñeiro aproveitándose do traballo dos seus empregados.

Non trabes na man que te da de comer, esa frase non so é falsa tamén é un insulto a intelixencia, ningúen nos da de comer cobramos pola nosa forza de traballo e polo noso tempo un prezo moi barato que permite aos empresarios enriquecerse, os traballadores somos en todo caso quenes alimentamos ao sistema capitalista.

Necesitamos recuperar a conciencia de clase, ser conscientes da nosa propia forza, dar unha patada no cú aos traidores e aos vendidos, debemos recuperar a unidade que nos convirte nunha forza invencible, debemos volver a sentir e a transmitir aos nosos fillos o orgullo de ser clase traballadora.

Nos temen, por iso mercan sindicatos, compran políticos supostamente de esquerdas, valen-se de traidores para infiltrar as organizacións de esquerdas e dinamitar dende dentro, porque son conscientes de que é o único modo de manter o control e seguir explotandonos, sen traidores dentro da clase traballadora sería imposible que nos dominasen e nos enganasen. 


Opinión /