Esquerra Unida de Narón •  Opinión •  18/11/2016

«Primeiro Acto Homenaxe a unha Vida de Militancia» de EU Narón

Mais de medio centenar de camaradas quixeron acompañar este acto “Homenaxe a unha vida de militancia” que André Abeledo (Concelleiro de EU Narón) entregou unha placa de recoñecemento a unha vida de loita a Manuela Dolores López García de 70 anos e Ricardo Aneiros Sixto de 73 anos, que ademais de militantes de EU Narón son matrimonio. 

 

Intervención durante o acto de André Abeledo:

 

“Hai mulleres e homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos, e son moi bos. Pero os hai que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles.” 
 

― Bertolt Brecht

 

Este é o caso dos camaradas que imos homenaxear hoxe, un homenaxe merecido, Manola e Ricardo entregaron a súa vida a loita por construír un futuro mellor para todas e todas, eles decidiron compartir unha vida dedicada a militancia comunista.

 

Lembro cando o meu fillo maior preguntoume que era ser comunista, eu contesteille que un comunista é una persoa que pensa que calquera persoa, polo feito de haber nacido ten dereito a unha vida digna e a ter as súas necesidades básicas cubertas, é una persoa que pensa que a economía ten que estar ao servizo do ser humano e non o ser humano ao servizo da economía, é unha persoa que pensa que temos que traballar para vivir e non vivir para traballar, é quen considera que a patria é a clase obreira e quen pensa que a solidariedade, a igualdade, a fraternidade, e a xustiza social son os cimentos dun futuro socialista.

 

Ricardo é Manola sonche sen dubida deste tipo de persoas.

 

Manuela Dolores López García, a miña camarada, unha rapaza de 70 anos, unha traballadora incansable membro activo do CPL de EU Narón e militante comunista incansable, traballou toda a súa vida no campo, foi vendedora na praza de Recimil, co fundadora da Asociación de Vendedores de Recimil e da AAVV de A Gándara.

Durante a ditadura traballou na clandestinidade facendo propaganda para o partido comunista. E ademais de todo o falado mai de dous fillos.

 

Ricardo Aneiros Sixto de 73 anos, un loitador incansable, que como eu hoxe chegou a ser concelleiro en Narón, un sindicalista, un militante comunista consecuente que pagou o alto prezo da loita pola utopía socialista.

Estivo preso durante 4 meses en 1972 polos sucesos de 10 de Marzo, foi un de aqueles valentes que xunto con Amador e Daniel tiveron o valor de dar un paso o fronte contra a ditadura franquista.

Formou parte do proceso no xuízo dos 23, saíndo absolto, foi despedido de ASTANO como represalia para logo volver a ser readmitido.

Foi detido novamente en 1973 entrando en prisión durante catro meses, grazas a loita e a presión dos seus compañeiros volveu a ser readmitido na empresa.

Dúas veces máis foi detido sen chegar a entrar en prisión.

En 1974 volveu a ser detido e enviado a cadea durante tres meses.

 

Este é só un pequeno resumo de dúas vidas inmensas, de dous camaradas exemplares, de dous militantes comunistas que loitaron dun xeito incansable para defender os intereses da clase obreira.

 

Grazas a eles, e outros camaradas como eles, conseguimos os dereitos que hoxe nos estamos deixando roubar, foron eles os que con sangue, suor e bagoas defenderon a dignidade da clase obreira en plena ditadura fascista, e o continuaron a facer nesta falsa democracia.

 

Grazas camaradas, polo voso esforza, polo vosos sacrificio, e sobre todo polo voso exemplo militante que nos marca o camiño a seguir, o camiño da loita e da dignidade.

 

Camaradas que viva a clase obreira e o Partido Comunista.”


Opinión /