O fracaso da inconsistencia política.
Non se pode vivir todo o tempo do conto, ou de discursos baleiros, a implantación política dun partido ten os seus cimentos no traballo duro e a coherencia política.
Si non hai un traballo de campo e coherencia o globo desinflase ou remata estoupando.
Cando te metes unha hostia electoral de proporcións biblicas non chega con asumir, analizar ou aceptar o resultado, toca dimitir, ir un tempo para casa e reflexionar.
Algunha xente nunca estivo a altura, nin o estará, outra cometeu erros, pero pasar de 14 a 0 e que un líder político non asuma as consecuencias de liderar un fracaso histórico, demostra que non é un líder, nin un político.