Grupo Municipal de EU Narón •  Opinión •  13/04/2017

André Abeledo fai un chamamento a participación da cidadanía nos actos conmemorativos da II República

Abeledo entende que estes actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República. 

Dende Esquerda Unida de Narón convocamos a toda a cidadanía a participar nas ofrendas florais na memoria de todos os represaliados polo fascismo, que terán lugar o venres día 21 de Abril. 
 

O venres día 21 de Abril nos cemiterios do Val o as 11:30 e no de San Mateo as 12:00 levaranse acabo ofrendas florais en memoria dos que foron asasinados e enterrados en fosas comúns por defender a legalidade da II República fronte o golpe fascista, e as 12:30 o pé da Árbore de Gernika fronte o Pazo da Cultura colocaranse 13 rosas en homenaxe as mulleres que foron asasinadas como as 13 rosas, outras violadas, rapadas, encarceradas, e humilladas, por defender a igualdade que a República pretendía promover na nosa sociedade. Ademais o homenaxe na Árbore de Gernika vai dedicado aos civís, nenas, nenos, mulleres e homes asasinados polos brutais bombardeos que serviron como adestramento para a Segunda Guerra Mundial. 

Abeledo quere recoñecer o esforzo de Memoria Histórica e Democrática para traer está Árbore de Gernika a Narón, un árbore que debe ser símbolo da unidade popular fronte o fascismo, e o traballo desta asociación para recuperar a tan necesaria memoria histórica. 


EU Narón levará a súa ofrenda floral có lema “Saúde camaradas. Seguimos na loita. Imos a pola terceira.»

André Abeledo fai fincapé en que conmemorando o 14 de Abril non só recordamos o pasado, actuamos no presente para construír o futuro, poñemos as bases para a terceira República, cuestionamos realmente o sistema, abrimos o debate para cambialo todo de verdade.

Sabemos que non haberá cambio real sen República, e sen superar o réxime do 78, e que a monarquía funciona como garante da oligarquía para que todo siga igual.

 


Opinión /