Ucraína versus Sáhara Occidental. A política internacional non ten corazón, nin vergoña
O Sáhara Occidental está ocupado ilegalmente e militarmente por Marrocos, unha invasión, unha guerra, miles de desprazados, todo un pobo secuestrado na súa propia terra ou vivindo nos campamentos de refuxiados en Alxeria.
Marrocos ata ten chegado a levantar un muro da vergoña ao estilo de Israel, ten levado mesma política de colonización que leva adiante Israel en Palestina.
-¿Donde estan as sancións económicas a Marrocos?.
– ¿Para cando o envío de armas ao Fronte Polisario, para que poidan defenderse e loitar contra a ocupación?.
– ¿Cando se vai a prohibir a Marrocos participar en competicións deportivas?.
– ¿Cando imos a recoller fondos nos Supermercados para os refuxiados saharauis?.
– ¿Cando lles imos a dar a residencia?
– ¿Cando se vai a prohibir a Marrocos participar nas competicións deportivas?.
O Sáhara Occidental ten sido entregado a Marrocos e o pobo saharaui ten sido traizoado unha e outra vez.
España é o primeiro responsable, o Sáhara Occidental era a Provincia número 53, os saharauis eran cidadáns españois cando Marrocos invadiu o territorio na chamada «Marcha Verde». As tropas españolas se retiraron dun xeito vergoñento condenando ao Sáhara Occidental a ocupación e a unha guerra que non podían gañar, pois o seu su exército, o exército español, os tiña abandonado.
España impón sancións a Rusia, pero Marrocos non o fai. España esta na OTAN e tamén os EEUU, pero Marrocos esta sendo armado e asesorado militarmente polos EEUU.
EEUU, o seu presidente Donald Trump, como último acto do seu goberno recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental. Pola súa parte Marrocos recoñeceu a Xerusalén como capital de Israel. E agora España recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.
En política internacional, xeoestratéxia e xeopolítica, palabras como honor, xustiza, verdade, honestidade ou lealdade non teñen ningún valor, non ten nin corazón, nin vergoña.