Golpistas de vocación na tribuna do Congreso
Cando o discurso fascista ten espazo no Congreso poden decirse auténticas barbaridades dignas de Millán Astray.
Feijóo e Abascal, se teñen atrevido a ameazar con dar un golpe de Estado si se concede a amnistía, si non gañan nas furnas están dispostos a tomar as rúas, ainda que eso de tomar as rúas con os seus votantes e militantes a estas alturas xa soa a chiste malo.
En Madrid quedou demostrado que con os seus militantes e votantes non enchen nin un estadio de fútbol, vamos que non saen a rua nin os votantes que viven ao carón da Praza, que nin con autobuses gratis dende todo o estado español, e bocadillo gratis, os seus non se animan a manifestarse.
¿Entón en que consiste a ameaza?, ¿En sacar os tanques?, PP e VOX levan o ADN golpista grabado dende o seu nacento, e parece que agora lles supura o veleno facho.
O caso é que si a ameaza é a dun golpe militar, ou tentar arrastrarnos a unha nova guerra civil, deberían pensar que agora non tenrán a axuda da Alemaña de Hitler, nin da Italia de Mussolini, ou dos mercenarios da Garda Mora.
Os golpistas que o pensen ben, que non estamos no 1936.
André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG en MERCADONA)