André Abeledo Fernández •  Opinión •  03/03/2022

Ucraína, Rusia, Donetsk e o Estado español.

A República de Donetsk se autoproclamou independientemente mediante un referéndum donde casi o 90% da poboación votou pola independencia, a dita votación invitaron a  comunidade internacional para que puidesen comprobar a limpeza das votacións, trás a autodeterminación de Donetsk, Ucraína lles declarou a guerra para reintegrar a Donetsk pola forza das armas.
A guerra empezou en 2014, o que ten feito Rusia agora é recoñecer a República Popular de Donetsk como Estado independente.
O que me parece increíble é que xente que apoia o dereito a autodeterminación do Sáhara Occidental ou Palestina, ou o dereito do pobo Kurdo a ter unha nazón propia,  rasguense as vestiduras porque o pueblo de Donetsk a comsiguise e a defenda coas armas.
O que os mesmos que participaron na destrucción de Iugoslavia como país,  e que armaron aos secesionistas de Croacia (auténticos fascistas), ou de Bosnia, a OTAN e Europa que bombardearon Belgrado durante 60 días e 60 noites, agora veñan defendendo a unidade de Ucrania por enriba de tódalas cousas, incluíndo por enriba dun referéndum de autodeterminación do pobo de Donetsk.
Hipocresía nivel Deus.
A OTAN  Europa importanlles a Ucraína porque está loitando contra Rusia o seu inimigo xeoestratéxico.
A ciudadanía europea está moi sensibilizada pola cobertura mediatica, casi 24 horas, e tamén porque os ucraínos són europeos, blancos, cristianos e moitos deles loiros e de ollos azuis. Non són sirios, afganos, africanos ou latinoamericanos. Esa é a triste realidade.
O PP di agora que hai que ter «altura de miras» para condenar a agresión «comunista» de Rusia…»que a verdade é que os comunistas están  invadindo un pobo soberano e libre como é a Ucraína».
¿Putin comunista?, despois da brutal burrada todo o que digan queda inutilizado definitivamente.
A propaganda política e mediática chega ao ridículo máis vergoñento e tamén ambién a hipocresía máis noxenta.
Segundo Sara Fernandez, Especialista en Enerxía, Axencia Servizos de Luz:
¿Cáles son as consecuencias do conflicto entre Rusia e a Ucraína no mercado enerxético Español?
O 21 de febreiro Putin asinou o recoñecendo da independencia das rexións prorrusas ucraínas de Donetsk e Lugansk, enviando tropas a  zona. Tres días máis tarde, ordenou atacar con efectivos militares a rexión do Donbás. Desde entón o exército ruso ten atacado diversas rexións do país, incluida a capital de Kiev, poñendo en perigo a integridade mundial.
Cómo afecta a guerra ao Estado español
As principais consecuencias para o Estado español son e serán de tipo económico. Os expertos de compañías de luz afirman que o prezo de algúns productos de primeira necesidade verase afectado. Se prevé que o prezo do trigo aumente un 30% e o do millo un 20%, coas claras consecuencias sobre os prezos dos productos finais feitos con estas materias.
E non é o único producto que se ve afectado. A luz e o gas levan tempo con prezos desorbitados e se prevé que sigan a alza a causa do conflicto.
Subida do gas
Un dos mercados que se ve máis afectado a causa do conflicto entre Rusia e a Ucraína é o do gas. O país de Vladimir Putin proporciona aproximadamente o 40% do gas a Europa.  España é o país de la UE que menos dependencia ten respecto do gas ruso, cun 5%, porque gran parte do seu abastecemento procede dos países do norte de África.
Este enfrontamento ten encarecido os prezos do gas, que se teñen disparado un 29% e ten superado os 100 euros/MWh, e ten provocado unha inflación disparada que afecta directamente ao bolsillo dos consumidores. Por este motivo, é importante utilizar un comparador de gas natural para comparar as distintas tarifas e aforrar na túa factura.
Subida da luz
Non so vese afectado o mercado do gas, senón que tamén vai a afectar a nosa factura enerxética. A luz ten subido ata un 17% ata alcanzar os 240,13 euros/MWh, sendo así o segundo prezo máis alto do ano e cinco veces máis alto que fai un ano. Por eso, é recomendable usar un comparador de luz para aforrar na electricidade.
A franxa horaria máis cara é a que está comprendida entre as 19:00 horas e as 20:00 horas, chegando aos 300 euros/MWh.
En cambio, o tramo máis barato é o que está comprendido entre as 4:00 horas e as 5:00 horas e se pagarán uns 153,32 euros/MWh.

Opinión /