André Abeledo Fernández •  Opinión •  03/10/2021

Malditos hipócritas

Malditos hipócritas os que agora dan as costas ao pobo afgano.

A ninguén lle importa Afganistán, nin as súas mulleres, nin os seus nenos. O pobo afgano é unha víctima que non interesesa, xa non ocupan horas de televisión, EE.UU e os seus aliados pasaron 20 anos en Afganistán e tardaron apenas unha semana en olvidarse.

Malditos hipócritas son os que poñen o berro no ceo cando a burguesía protesta en Venezuela, pero calan sobre os asasinatos e a represión en Colombia cando o pobo toma as rúas contra un narcogoberno fascista.

Malditos hipócritas os que acusan a Bielorrusia de terrorismo, pero calan sobre os xenocidios de Israel en Palestina e de Arabia Saudí no Iemen.

Malditos hipócritas os que sancionan a Rusia ou Irán pero miran cara outro lado ante a ocupación ilegal do Sáhara Occidental por parte de Marrocos.

Hipocrisía xenocida, capitalismo salvaxe, barbarie neoliberal, que ve o que quere ver, mente, usa os medios para desinformar e crear inimigos, mentres camiñan da man de sátrapas, ditadores, xenocidas e sociópatas.

Son os mesmos malditos hipócritas que mentiron sobre as armas de destrución masiva en Irak, os que mentiron sobre Libia, mentiron para ter unha coartada para invadir, para destruír o Estado e poder roubar o seus recursos.

Os mesmos malditos hipócritas que permitiron e permiten a barbarie do ISIS, do Estado Islámico, os arman, os apoian, porque un país sin Estado, sin soberanía, é máis sinxelo de roubar ou comprar. Os mesmos que tentaron e tentan facer o mesmo en Siria e en Venezuela.

Malditos hipócritas os que branquean ao fascismo no Estado español e en Europa, os que sementan odio contra o máis débil, os que botan gasolina no lume das crises.

Malditos hipócritas os especuladores, os que converten dereitos en privilexios. Os que converten a sangue o suor e as bágoas dos pobos en beneficios económicos.

Esos que non teñen escrúpulos, nin máis Deus que o diñeiro, son os malditos hipócritas dos que falo.

As caravanas de migrantes en Centroamérica que foxen da pobreza, que sofren gobernos corruptos apoiados polos EEUU, atópanse co muro da vergoña e do odio da fronteira Ianqui.

Un odio racista que agora estoupou tamén nas rúas das cidades norteamericanas onde miles de cidadáns piden poñer fin a violencia policial, aos abusos e ó racismo.

En Oriente Medio Israel e Arabia Saudí continúan coas guerras de exterminio contra Palestina e Iemen. Guerras covardes que contan co silencio cómplice de Occidente.

Xenocidios contra pobos indefensos que deberían avergoñar ao mundo.

Catástrofe sobre catástrofe humanitaria en Haití con protestas nas rúas contra os sucesivos presidentes monicreques de EEUU que matan ao seu pobo de fame e o reprimen brutalmente.

A ocupación ilegal do Sahara Occidental por parte do exército de Marrocos que obriga a un pobo a vivir exiliado no deserto de Alxeria, sobreviven dende fai máis de 40 anos nunha situación límite. Ocupación ilegal a que Donald Trump deu o visto bo antes de deixar a Casa Branca a cambio de que a ditadura do sátrapa Mohamed VI de Marrocos recoñécese a Israel.

Continúa tamén a venta de escravos en Libia, despois de que Francia e EEUU decidisen destruír o Estado libio para roubar os seus recursos, e a deixasen en mans de extremistas relixiosos e señores da guerra.

Todo isto e desgraciadamente moito máis, está acontecendo agora, pero os oligarcas do mundo nos distraen para que miremos cara outro lado.

Porque agora tamén o sistema capitalista  enfrontase a crise económica derivada da crise sanitaria pola pandemia do COVID-19.

Os mesmos artistas da hipocrisía que cantaban por Venezuela agora calan por Colombia.

Agora o feito de que países como Cuba e Venezuela, a pesar do brutal e ilegal bloqueo ao que os ten sometido EEUU e os seus satélites, están vencendo ao coronavirus que avanza en Brasil, na India, e noutros países, os medios de comunicación xa non falan, xa non din nada.

Hipócritas do mundo ide ao carallo.

André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia da Coruña).


Opinión /