BILDU non é ETA, e a ultradereita o sabe.
BILDU non é ETA, a dereita o sabe, é consciente de que minte, do mesmo xeito que minte cando tenta prostituir a historia cando falamos do golpe de Estado, do xenocidio ideolóxico e a dictadura franquista.
A mentira está no ADN da dereita, pero no Estado español Goebbels, o ministro de propaganda da Alemaña NAZI, parece que mantén vixente o seu mantra de que unha mentira repetida mil veces pode ser convertida nunha «verdade».
Euskal Herria Bildu é unha coalición política de esquerdas creada no 2012.
A esquerda abertzale loxicamente ten aspiracións soberanistas e independentistas, e loita polo seu dereito a autodeterminación dun xeito pacifico.
A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba, e non ten nada que ver con ETA, entre outras cousas porque por moito que lle pese a ultradereita, ETA xa non existe.
ETA xa non existe, fai 10 años que ETA decidiu deixar las armas, pero a dereita parece non poder vivir sin o seu recordo, precisa mantela viva para poder seguir incendiando a convivencia cos discursos de odio.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).