André Abeledo Fernández •  Andre Damon y Niles Niemuth •  Opinión •  04/02/2022

Reforma laboral; ¿derogación ou claudicación?

Esta reforma laboral é unha claudicación ante os poderosos, é unha concesión a patronal, é a menos boa que se podía facer, que non a mellor, é insuficiente e sobre todo non é o que prometeron.
Acordo, consenso, dialogo social, palabras valeirs que serven para esconderse e non admitir a claudicación ante a patronal e a ala dereita do goberno.
As liñas vermellas ao final estaban pintadas con tiza e non con principios. Prefiren agacharse ante a patronal que enfrontarse a ela para defender os intereses da clase traballadora, clase traballadora a quenes din representar e a quenes piden o voto nas eleccións.
Cando goberna a dereita impón a reforma laboral ao dictado da patronal, cando goberna a suposta esquerda apela ao diálogo social e ao pacto coa patronal, ao final perdimos 10 e recuperamos 3, a cousa queda en -7.
A reforma laboral é un acordo de trileiros para facernos crer que temos gañado, cando seguimos perdendo.
CCOO e UGT fai tempo que teñen deixado de representar a clase traballadora, cando falan do acordo dos axentes sociais están falando do Goberno, Patronal e CCOOUGT.  Un acordo de mínimos que non cumpre co mínimo esixible.
A ansia dos medios de comunicación en máns do capital por convencernos de que a Reforma Laboral é boa xa debería de poñernos sobre aviso, porque os medios teñen amos e defenden os seus intereses, non os nosos.
A esquerda pedía unha verdadeira derogación pero non se fixo.
Os 7 puntos que BNG, BILDU, ERC e CUP poñían sobre a mesa para apoiar a reforma laboral non foron aceptados.
1. Se recuperará e establecerá a prevalencia e prioridade aplicativa dos acordos e convenios colectivos provinciais e autonómicos, así como a blindaxe xurídico dos Acordos Interprofesionais autonómicos donde efectivamente estos existan. Se recoñecerán e blindarán así os marcos laborais propios dos diferentes territorios e os acordos e convenios colectivos neles acadados.
2. Se recuperará a necesaria autorización administrativa da autoridade laboral no control dos despedimentos colectivos a través dos Expedientes de Regulación de Emprego, recuperando para elo as causas obxectivas previas a Reforma Laboral do 2012.
3. Se especificarán medidas para atallar a precariedade e as posibilidades de descolgue salarial, centrada nunha revisión e modificación das causas e procedementos do despedimento, así como dos procesos de modificación sustancial das condicións de traballo baixo as causas de “pérdidas” previstas actualmente. Así mesmo, o descolgue das condicións laborais e salariais baseado en causas xustificadas deberá quedar condicionada ao acordo coa representación sindical.
4. Se recuperará a indemnización por despedimento improcedente, incrementando a súa cuantía aos 45 días por ano traballado ata un máximo de 42 mensualidades para os despedimentos declarados improcedentes. Así mesmo se recuperarán os salarios de tramitación.
5. Se recuperará a prioridade aplicativa dos convenios sectoriais sobre os de empresa. Aos convenios de empresa lles corresponderá a función de adecuación e mellora das condicións fixadas nos convenios colectivos sectoriais, que constituirán o chan mínimo dascondicións  en todas as  empresas do sector.
6. Se restaurarán aslimitacións das empresas para amovilidade  xeográfica colectiva e se recuperará anecesidade  deacordo  para a regulación da xornada.
7. Se incluiránpropostas  orientadas a reordenación do tempo detrabajllo e a reducción da xornada laboral, para facilitar a conciliación da vida laboral e personal así como o reparto o emprego e o traballo, dende a perspectiva da transformación cara un novo modelo de relacións laborais en consonancia coa transición enerxética, dixital e demográfica.
Persoalmente e como traballador suscribo os 7 puntos ao 100%. Uns puntos que como sindicalista parecenme irrenunciables para que a clase traballadora recupere realmente os dereitos que nos roubaron coa anterior reforma laboral feita ao dictado da patronal.
A palabra ou se respeta ou non se ten.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña)

Opinión /