Galiza, Euskadi e Catalunya són nacións sen Estado.
É un verdadeiro problema confundir «Estado» con «Nación», posto que són conceptos diferentes, un Estado pode estar composto por varias nacións.
A URSS foi un exemplo de Estado plurinacioal.
Existente moitas nacións sen Estado, dende o Sáhara, ao Kurdistan, Palestina, etc…ata Galiza, Catalunya ou Euskadi.
Un dos grandes problemas para a convivencia entre NACIÓNS dentro dun mesmo Estado, é non recoñecer esta realidade, confundir o concepto intencionadamente ou non e non entender, respetar e recoñecer a existencia de ditas nacións.
Unha nación en sentido amplo é unha comunidade histórico-cultural cun territorio que considera propio e que vese a sí mesma cun certo grao de conciencia diferenciada dos outros.
No caso de Galiza, Euskadi e Catalunya non debería haber ningunha discusión, nin tampouco ningún problema ao respecto. Un idioma propio, unha historia propia e unha cultura propia, converten este feito en indiscutible.
Só poderemos construir un Estado que sexa realmente a casa de todos recoñecendo a realidade e con os mimbres do respeto ao feito diferencial.
Un Estado plurinacioal, onde en pé de igualdade, as diferentes nacións convivan e construan unha sociedade baseada na xustiza social, o respeto e a solidariedade entre os pobos.