Crisis económica e abusos, unha chispa pode prender o lume.
Nacionalizar a enerxía ou rematar cos abusos da BANCA, debería de ser unha prioridade para un goberno de esquerdas.
O prezo da enerxía disparase como unha metralleta en mans dun macaco tolo, o fixo un 27% no inicio do 2021 en plena ola de frío, no verán, e segue a subir como os prezos do resto de productos da cesta básica.
A factura da luz continúa sendo un xeroglífico indescifrable e mal intencionado.
Os prezos duplícanse unha e outra vez sin explicación. As multinacionais eléctricas abusan sin control, nin freo.
Porque resulta que con as portas xiratorias son o retiro dourado de Presidentes do goberno, Ministros e eurodeputados.
Agora coas novas tarifas por tramos horarios, teremos as horas boas a prezos prohibitivos para ricos, e as horas malas máis baratas para que a clase traballadora poida poñer a lavadora, pasar o ferro ou cociñar para o día seguinte, de madrugada.
De todos é sabido que os pobres non precisamos as mesmas horas de descanso que a xente ben.
Dende a esquerda debemos construír unha alternativa a sociedade dos abusos, do medo e da miseria.
Non hai desculpa para un sistema que permite que os nosos maiores e os nosos nenos pasen frío ou perdan a vida nun incendio provocado por unha vela que ilumina a escuridade do seu lar ou unha fogueira que tenta espantar o frío.
A pobreza enerxética é unha traxedia moi real, unha vergoñenta traxedia que causa miles de mortes ó ano no Estado español.
Non é unha Pandemia, nin un desastre natural, ou un accidente, é unha consecuencia das políticas neoliberais, é terrorismo de clase.
Millóns de persoas son vítimas de pobreza enerxética no Estado español. O COVID-19 e a crise económica só fan agravar esta situación.
Vivimos con medo, medo a todo, medo ao presente e ao futuro, a perder o traballo e a non atopalo, a que todo siga igual e a que algo cambie. Medo ao coronavirus, a crise económica e as súas consecuencias.
Debemos exixir a un goberno de unidade que di ser de esquerdas e a un Ministro de Consumo que dise comunista que tome medidas urxentes para defender a cidadanía dos abusos das multinacionais da enerxía.
Como deben defendernos dos abusos da BANCA, que agora vai tentar seguir mantendo os seus beneficios sangrando ós seus clientes con comisións e cargos inxustos.
Unha BANCA que fo rescatada con diñeiro público e que lonxe de devolver o diñeiro do rescate continua «abusando» e facendo «trampas» ós seus clientes, aos mesmos que a rescatamos.
Peche de sucursais que deixan ó rural sin un servizo básico, cobros por mantemento da conta abusivos para os nosos pensionistas, estafas e usura legais para os usuarios forzosos.
Porque non é posible cobrar unha nómina, unha pensión ou unha axuda sin ter unha conta bancaria.
Urxe tomar cartas no asunto, nacionalizar a enerxía e os sectores estratéxicos, facer públicos os servizos básicos e crear unha Banca pública que compita abertamente con a privada, deberían ser prioridades dun goberno realmente de esquerdas.
Fronte ó o abuso nacionalizar en interese da maioría.