André Abeledo Fernández •  Andrea Salcedo Llaurado •  Opinión •  05/03/2022

O drama da Ucraína e a incoherencia da suposta esquerda

Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dandonos a escoller entre manter a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posíbel é a verdade.
No Iemen seguen en guerra, o digo porque ten xente que non di nada, tamén en Siria, as mulleres en Afganistán e a poboación en xeral volven a estar baixo o iugo Talibán, o digo porque ten xente que xa non di nada, e na Libia destruida hai mercados de escravos, o digo porque ten xente que non di nada.
Hipocresía: armas para que a Ucraína se defenda, as armas que non lles dimos ao Sáhara Occidental, Palestina, o pobo Kurdo, Iemen, e a tantos outros pobos que están sendo aplastados por potencias militares que ocupan o seu territorio e masacran a homes, mulleres e nenos, sin piedade.
Por estar na OTAN o Estado español ten bases dos EEUU no seu territorio e tamén miles de soldados norteamericanos, nesas bases mandan os Ianquis, eso tamén lle ocorre a Alemaña e a outros moitos países, pero ningún país da OTAN ten unha base nos EEUU.
A verdade non importa e a mentira é un arma política, ao estilo Goebbels, Ministro de Propaganda da Alemaña NAZI, unha mentira repetida mil veces convértese en verdade. Putin non é comunista, e o Partido Comunista ruso está na oposición, o saben, que non estorbe a verdade.
A ONU condena a invasión de Rusia con 141 votos a favor. Rusia, Bielorrusia, Siria, Corea do Norte e Eritrea votaron en contra. Os 35 países restantes, entre os que destacan China, India, Bolivia, Cuba, O Salvador, Nicaragua, Irán, Irak, Kazajistán ou Vietnam, abstivéronse.
A OTAN era, segue sendo e será unha organización belicista e terrorista que históricamente ten servido para arrasar Estados, de pacifista «0». Unha vez máis os que decían OTAN «non», logo din de entrada OTAN «non», para logo dicir OTAN «sí» en canto pisan moqueta e lles dan sillón.
Fose quen fose o presidente de Rusia, Putin ou calquera outro, de calquera partido, en relación a Ucrania e ao conflicto actuarían dun xeito moi parecido. Rusia non podía permitirse non actuar, calquera potencia o tería feito, Rusia, EEUU, China,Reino Unido, Franza…
Falan de malos e bos, e según din eles a OTAN son os bos, millones de mortos remexense nas súas tumbas.
Todos sabemos que Ucraína non pode gañar a guerra, é imposible, tamén é sabido que Rusia so ten usado unha moi pequena parte do seu  poderío militar, pero enviamoslles armas aos ucraínos co obxetivo de que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel.
 ¿Ucraína importa?
Ver a televisión, ler a prensa, ou escoitar a radio en Occidente é como ler os partes de guerra do ministerio de defensa da Ucraína, ou un comunicado da OTAN.
Miguel Sebastián (ex ministro e economista): “Estamos en Guerra, e temos que asumir os costes da Guerra. España ten que asumir os seus costes: o seu empobrecemento”
Non ten duda sobre quenes van a pagar o prezo das medidas da UE, dende sancións a Rusia ata las armas para a Ucraína.
Yolanda Díaz Republicana pero co Rei, atea pero co Papa, de esquerdas pero coa OTAN, comunista pero co capitalismo, clase obreira pero con glamour. Váianse ao carallo.
A Yolanda Díaz iríalle mellor fichando xa polo PSOE, porque o de montar outro proxecto socialdemócrata non me parece unha boa idea, a xente soe quedarse co orixinal, o orixinal é PSOE e Yolanda Díaz é o suficientemente pragmática para encaixar perfectamente no PSOE.
A suposta ala esquerda do suposto goberno de progreso ten amosado non ter plumas para voar, a operación «asaltar os ceos» queda abortada definitivamente. Cando toca elexir entre sillón e moqueta ou coherencia e dignidade, a ela e a él so lles interesan as súas lentexas.
A esquerda que ía a asaltar os ceos se baixa a os infernos para comprar o argumentario da OTAN. Envía armas ofensivas a Ucrania como axuda humanitaria ou axuda para a paz. Ou nos vende que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda domésticada pisou moqueta.
O envío de armas ofensivas a Ucraína como axuda humanitaria ou axuda para a paz é unha prostitución da linguaxe nivel Deus, como dicir que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda desnortada e traizoada.
Xa que España vai a enviar armas a Ucraína coa escusa de que é un país agredido e invadido, supoño que coa débeda histórica que temos e cos mesmos argumentos o siguiente é armar ao Frente Polisario para que poida loitar con Marrocos que ocupa ao Sáhara Occidental.
Josep Borrell co seu discurso en Spanglis falando da resposta ao agresor máis forte para defender ao débil, que memoria selectiva e que visión parcial, Iugoslavia, Irak, Libia, Siria, Palestina, Iemen, Sáhara Occidental, ¿donde estaba Europa?, ¿que ten que dicir Borrell?.
«É máis sinxelo enganar a xente, que convencelos que teñen sido enganados» (Mark Twain)

Opinión /