A ameaza real dunha pandemia de odio irracional
Que un rapaz sexa asasinado sempre é algo dramático e inxusto, pero que sexa asasinado pola súa orientación sexual é algo que como sociedade debe poñernos en alerta máxima.
Samuel, un mozo de 24 anos sufría unha brutal agresión na madrugada do sábado na Coruña, e falecía como consecuencia das feridas provocadas por unha malleira propinada por un grupo de persoas.
Algúns indicios apuntan á posibilidade de que o conflito tivese como orixe unha gravación cun teléfono móbil, aínda que amigos e usuarios en redes sociais denuncian que o motivo do asasinato foi a súa orientación sexual.
De ser así este asasinato de odio ó meu entender ten máis responsables.
Os que difunden e defendes o discurso de odio dende a ultradereita está detrás do que acontece no Estado español nos últimos tempos. O discurso racista, xenófobo, que tamén fomenta a homofonía e da argumentos a barbarie.
Os que sementan odio irracional, para que a sociedade recolla como froito traxedias e violencia.
Pero non esquezamos que tamén son cómplices os que blanquean ou chegan a acordos co fascismo.
É preciso parar esta terrible involución social a todos os niveis denantes que se convirta nunha enfermidade endémica, nunha pandemia de odio irracional.