André Abeledo Fernández •  Opinión •  06/01/2022

Obxetivo vendernos a reforma laboral como un éxito para todos.

Vendo os argumentarios para vender a nova reforma laboral feitos polos equipos de propaganda dos partidos de «esquerda» estatais, entranme gañas de rir por non chorar. Parecen un insulto a intelixencia.
A patronal está aplaudindo coas orellas e iso debería mosquearnos. Na «nova» reforma  laboral hai avances, pero unha derogacion da reforma non é, como tampouco é o que nos venderon que sería.
E pódese vender cun laciño azul pero segue sendo o que é, unha modificación sobre a reforma imposta pola patronal no seu momento, que xa veremos ata que punto concreta os avances, para eso teremos que ler o texto completo e ver como se pon en práctica, pero o que sabemos ata agora é claramente insuficiente.
Do que se dixo que se ía a facer, ao que se fixo hai unha gran diferencia, e non en temas sin importancia. Máis ben a columna vertebral da reforma queda sin tocar.
Parece máis unha victoria dos sectores máis conservadores do PSOE en relación a como debería ser «modificada» a reforma laboral para contar co apoio da patronal.
O pacto social sempre desgraciadamente segue baseándose na política do «mal menor» para as traballadoras e traballadores.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /