André Abeledo Fernández •  Opinión •  06/02/2022

Eurovisión, non é odio, é indignación

Eurovisión, frustración e indignación. Cando a televisión pública non está a altura pasa o que pasa.
Non é odio, é frustración, moitos sentimonos timados, sentimos que se teñen rido na nosa cara, non é odio.
RTVE e os seus complices están agora blanqueando unha letra machista, que non pasaría o filtro si a cantase un home, unha canción en Spanglis que a moitos nos avergoña que poida representar a un país e a unha cultura.
Agora para desviar a atención e pacificar  a cidadanía indignada RTVE  dedicase a victimizar a cantante.
Eu mesmo, que non son ningen, teño sido ameazado nas redes sociais por tarados cobardes que se esconden no anonimato para cuspir o seu veleno, eso sempre é denunciable e hai que condenar esos comportamentos.
Pero denunciar o tongo no festival de Benidorm, non é odio, iso é o que queren facernos crer dende a televisión pública.
É que con Eurovisión RTVE no ten timado. RTVE  quere «lavar a súa imaxe» porque unha vez máis «se lles ten visto el plumeiro» en relación a Eurovisión.
Sobre as supostas ameazas de morte e delitos de odio, quen estea asustado, ou lle afecte, que o denuncie, ningen ten dereito a acosar ou ameazar a ningen.
Persoalmente non volvo a gastar un SMS en Eurovisión, me sinto estafado
Televisión Española ten feito caixa co Benidorm Fest, fará caixa con Eurovisión e a fixo con nós através do televoto.
Penso que tiñamos algo diferente, con Chanel, sen ofender nin a ela, nin ao seu traballo, seremos un máis. Eu non veréi Eurovisión.
Co diñeiro de todos RTVE, vai a promocionar a canción dun selo discográfico e lanzar a carreira dunha cantante.
E através do televoto RTVE se ten embolsado moito diñeiro para rematar facendo gañadora a unha canción con menos do 4% dos votos.
Televisión Española ten amosado unha vez máis a súa falta de transparencia e o alonxada que está da cidadanía.

Opinión /